Amosando publicacións coa etiqueta 25N. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 25N. Amosar todas as publicacións

27.11.23

Receitas VIO polo 25N




O pasado venres conmemoramos o Día contra a violencia de Xénero traballado o libro Pepuka y el monstruo que se llevó su sonrisa, e redactamos unha receita médica sobre esta lectura para loitar contra a violencia. Despois colgamos todas as receitas nun mural común e experimentamos coa luz ultravioleta onde escribimos valores relacionados con estas lecturas. Podedes ver todas as fotos da xornada premendo no seguinte enlace: receita VIO.

 

25.11.22

2ºEP - 25 N: Ás contra a violencia

Boas a todos e a todas!

Ao longo desta semana, viñemos traballando arredor do Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro).

Partindo do libro Artur e Clementina de Adela Turin vimos que a violencia non só queda reducida ao maltrato físico, se non que tamén existen outros tipos de violencia. A partires disto, fomos facendo unha choiva de palabras contrarias á violencia, as cales escribimos nunhas plumas para crear estas ás que simbolizan a liberdade de dereitos, de oportunidades …

Pica na imaxe para ver máis fotografías da actividade.



24.11.22

1º e 2º EP - TEATRO: Iriña Bailarina

No día de hoxe, @s nen@s de E. Infantil, 1º, 2º e 3º de E. Primaria acudiron ao Centro Cívico para desfrutar da actuación de Teatro Ghazafelhos con Iriña bailarina.

Unha obra baseada no libro, de mesmo título, de Cristina Justo e Paloma Rodríguez. Exemplar editado por Embora dentro da colección "A igualdade conta" para dar tratamento á igualdade de xénero e aos estereotipos sociais. Premendo na imaxe accederedes ao exemplar rexistrado no catálogo da nosa Biblio.

Agradecemos á ANPA Ventorrillo a xestión e organización dunha actividade complementaria que nos permite seguir dinamizando cultura, educando en valores de vida... porque seguimos querendo cambiar o conto.


Leo.

25.11.21

2ºEP - 25N

Boas a todos e a todas!

Para conmemorar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, visitamos o mural do corredor adicado ao 25 N. Con este mural pretendemos cambiar a visión ante a violencia de xénero. Para iso, puxemos as gafas 3D para descubrir diferentes títulos da nosa Biblioteca que tratan esta temática, vendo que tipo de violencia se plasma en cada unha das historias. Para completar o mural, deixamos a nosa pegada morada como mostra de apoio e loita.

Para rematar a actividade, levamos para a clase dous libros propostos polo Equipo de Biblioteca: "La princesa No" e "A historia dos bonobos con lentes".

Pica na imaxe para ver máis fotografías da actividade.