Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía. Amosar todas as publicacións

24.2.25

2ºA_Día de Rosalía 2025

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Celebramos o Día de Rosalía reproducindo na plantilla-pandeireta, facilitada polo equipo de BE-DL, unha copla do "Maneo de Mens" que tamén gravamos en Radio Balea para o vídeo da actividade de centro en relación co PDI que nos ocupa.

Ao tempo, organizamos a recolleita de poesía popular realizada entre as familias da nosa aula resultando outro produto final co cal podemos seguir investigando e aprendendo. 

Grazas a todas as familias pola súa colaboración e... feliz Día de Rosalía, hoxe e todos os días do ano!

23.2.24

Sempre Rosalía_1º e 2º

Tal día coma hoxe conmemoramos o nacemento da nosa escritora máis universal, Rosalía de Castro. Ao longo desta semana os nenos e nenas de 1ºB e 2º de Primaria achegámonos a súa biografía e a súa obra coa lectura dalgúns dos seus poemas e fixemos diversas actividades plásticas como podedes ver neste mural que colocamos na entrada da aula. 



 

23.2.23

DÍA DE ROSALÍA_1º EP

No día do aniversario da nosa escritora máis querida, a gran Rosalía de Castro, celebrámolo adicando a Hora de Ler a súa poesía. Logo cada un de nós elexíu unha palabra que nos evocase a súa figura ou escrita e fomos pegala na súa silueta que está no mural que temos adicada a ela.

Picade na imaxe para ver máis fotos na galería.



23.2.22

6ºEI - 1ºEP - 2ºEP - Día de Rosalía

Boas a todos e a todas!

Co gallo da conmemoración do Día de Rosalía, este 23 de febreiro realizamos diversas actividades. 

A nivel de aula, o alumnado de 6ºEI, 1ºEP e 2ºEP pintou e decorou unhas macetas que posteriormente empregaría para colocar cadansúa plantiña.

Por outra banda, realizamos o tradicional marcapáxinas co retrato de Rosalía de Castro e coa súa flor preferida: o pensamento. Ademais disto, dende a Biblioteca decidiuse agasallar a todo o alumnado cun libro de expurgo para darlles unha segunda vida a todos eses libros que xa foron descatalogados da nosa Biblioteca.

Para finalizar, a nivel de centro levouse a cabo unha actividade conxunta que pronto poderedes ver no blogue da Biblioteca Escolar.

Esperamos que desfruten moito dos libros e recordade botarlle auga ás plantiñas ;)

Pica na imaxe para ver máis fotografías da actividade.



2.3.21

1º de EP - Cartas a Rosalía

Boas a todos e a todas!

O 24 de febreiro é o día de Rosalía de Castro e por iso realizamos unha actividade para a súa conmemoración.

O Equipo de Biblioteca propúxonos realizar unha carta expresando o que botamos de menos de antes da Covid-19, ao igual que Rosalía expresaba en moitos dos seus poemas o que botaba de menos da súa terra.

A carta colocámola no mural colectivo situado no primeiro andar do centro e podedes escoitala da voz de Antía, Leo e Saúl no seguinte podcast gravado na Radio Balea.



 


1.3.21

Día de Rosalía_2º Primaria

Para conmemorar o Día de Rosalía a aula de 2º de Primaria tamén nos sumamos á proposta do Equipo de Biblioteca e EDLG de redactar unha carta á nosa escritora máis querida. Hoxe fomos colocala ao mural colectivo. 

Nos próximos días poderemos escoitar esta carta e un poema da autora que foron gravados na nosa Radio Balea dentro do Laboratorio de Son. 

Aproveitamos tamén para amosarvos un mural particular que fixemos para decorar a entrada da nosa aula. Un abano de Rosalías. 

Rosalía sempre na memoria!!