28.4.21

1º de EP - LeoLab

Boas a todos e a todas!

No día de hoxe visitamos de novo o LeoLab para seguir traballando contidos da aula. 

Preme na imaxe para ver máis fotografías.


22.4.21

1º de EP - Día do Libro: Leo le, nós lemos...?

Boas a todos e a todas!

Para conmemorar o Día do Libro (23 de abril) desenvolvemos unha actividade que está enmarcada dentro do Laboratorio de Imaxe. 

Para isto, gravamos un Booktuber individual no que cada neno e nena da aula fixo unha recomendación dun libro. Estes vídeos podedes atopalos no Blogue Booktubers Leohle

Ademais, empregamos os recursos do Leolab de maneira creativa coa intención de crear un cartel, sobre un dos contos escollidos, que fomente a lectura, a expresión oral e o intercambio de información. Este cartel conta cunha fotografía da representación da portada do libro escollido e un código QR para acceder ao vídeo correspondente (poderédelo ver colgado en diversos establecementos de Malpica).

Do mesmo xeito, cada membro do alumnado conta co seu propio código QR, plasmado nun mural, que nos leva a cada un dos seus vídeos.

Aquí vos quedan unhas imaxes do proceso!

  

 



  


15.4.21

1º de EP - Obradoiro de Barro

Boas a todos e a todas!

Este pasado mércores tivemos a visita de Lidia de CREARE para levar a cabo un pequeno obradoiro de cerámica no que participou todo o alumnado de Educación Infantil, 1º de primaria e 2º de primaria.
Todos os nenos e nenas desfrutaron moito desta actividade e quitaron a relucir a súa creatividade e maña para levar a cabo a elaboración de macetas, xoieiros, recipientes para as chaves... Para isto, empregamos a técnica dos churros que, aínda que parecía sinxela, pronto nos decatamos de que nos ía levar máis traballo do que pensábamos nun principio. Aínda así, conseguiron facer verdadeiras obras de arte! 

Despois da elaboración, deixamos as pezas a secar para que posteriormente Lidia poida cocelas no forno.

Preme na imaxe e poderás acceder a todas as fotografías da actividade.


1º de EP - Visita de Kalandraka

Boas a todos e a todas!

Este venres 9 de abril recibimos a visita de Kalandraka, quen nos otorgou un premio pola labor realizada no vídeo de entroido coa canción Superheroes e Superheroínas de Paco Nogueiras: un conto da editorial kalandraka para cada neno/a do centro!

Ricardo Rodríguez (Departamento Comercial), Bea Campos (reporteira) e J. M. Sagüillo (cámara) do equipo Kalandraka TV, visitaron todas as aulas do centro entregando os premios e entrevistando a algúns dos alumnos e alumnas do centro, entre eles: Breixo, Antía, Candela e Benito da aula de 1º de EP.

Aquí vos deixo unhas imaxes!


14.4.21

Obradoiro de barro_2º de Primaria

Inmersos na temática do 3º trimestre do noso PDI bianual, a creatividade, o alumnado de Educación Infantil e primeiro ciclo de primaria participamos hoxe nun obradoiro de barro impartido por Lidia de CREARE, nai do noso compañeiro Siro.

Convertímonos en alfareiros/as por un día para crear unha maceta coa técnica dos churros. Quizais o resultado non foi tanto unha maceta pero non importa. A creatividade é libre e o realmente importante foi o proceso. Pasámolo xenial!

Agora queda agardar uns días a que sequen, a cocedura de cada peza e a súa decoración. De seguro que nos quedan unha pezas de cerámica preciosas!

A CREATIVIDADE É A INTELIXENCIA DIVERTÍNDOSE (Albert Einstein)

Pica na imaxe para acceder ao álbum de fotos do obradoiro

 


6.4.21

Aniversario de Marco G_2º de Primaria

 

O pasado 4 de abril, durante as vacacións de Semana Santa, estivo de aniversario o noso compañeiro Marco García. Hoxe que nos incorporamos novamente ás aulas queremos felicítalo entre todos e todas.

Moitos parabéns Marco! Agardamos que pasases un moi feliz aniversario. Querémoste!

Recibe unha aperta grande.