30.3.22

6ºEI - 1ºEP - 2ºEP - Saída ao Ecomuseo Forno do Forte

Boas a todos e a todas!

Na xornada de hoxe, o alumnado de 6ºEI, 1ºEP e 2ºEP, desfrutou da visita ao Ecomuseo Forno do Forte situado en Buño. Alí, repartímonos en dous grupos para poder realizar a visita guiada, da man de Lola, e o obradoiro de barro, da man do oleiro Tonio.

Lola ensinounos como vivían as persoas nas diferentes casas que conforman o museo, que durmían nunha mesma habitación ata doce persoas, que non había baño nin auga corrente... vimos as lareiras, os fornos para o pan, como conseguían o barro e o gran forno para cocer as pezas elaboradas. Todo isto nunhas pequenas casas de pedra con solos de madeira que hai que pisar lixeiriños.

Por outra banda, Tonio mostrounos como traballar o barro e axudounos a elaborar as pezas que levaremos para casa dentro dunhas semanas.

Foi unha visita que nos encantou e que desfrutamos moito!

Para ver as imaxes da actividade pica na seguinte fotografía.




25.3.22

2ºEP - Valentina

Boas a todos e a todas!

No día de hoxe acudimos ao Centro Cívico para ver a película “Valentina”, unha nena que soña con ser trapecista e que pensa que non poderá chegar a selo por ter Síndrome de Down.

“Se as eirugas conseguen converterse en bolboreta, nada é imposible!”



24.3.22

2ºEP - Entrevista polo Día Internacional da Muller 2022

Boas a todos e a todas!

Xa temos aquí a nosa entrevista polo Día Internacional da Muller!

No día de onte, todos os nenos e nenas da aula foron pasando pola nosa radio para elaborar unha entrevista a unha muller traballadora. Esta muller falounos un pouco sobre o seu traballo, a parte máis bonita e tamén a menos bonita (aínda que deixou algunha cousiña sen contar para que non nos puxeramos tristes).

Noela, grazas por vir á Radio Balea e responder a todas as nosas preguntas! Tamén quedamos moi contentos/as cos agasallos que nos trouxeches ;)


Pica na imaxe para ver máis fotografías:



2º EP - Booktubers

Boas a todos e a todas!

Este curso xa comezamos a gravar algún Booktuber. Invítovos a que piquedes na seguinte imaxe para ir ao blogue Leohle para velos (ou en cada un dos seguintes enlaces). Segundo se vaian gravando, iranse colgando todos. Ata o momento están os seguintes:

                                             

12.3.22

Formación con Julia de la Cal: estrutura de vimbio

Un curso máis, a Asesoría de Bibliotecas Escolares, concedeunos aos centros do Plan LIA.2 unha formación dentro do programa Biblioteca Creativa, este ano dirixida ao alumnado, ás familias e en xeral a toda a comunidade educativa.

Dentro das moitas actividades ofertadas, moi interesantes e funcionais, decidímonos pola realización de obradoiros para a creación dunha estrutura de vimbio con Julia de Cal; xa que dentro do PDI NÓS: patrimonio in-MATERIAL!,  neste trimestre traballamos os oficios tradicionais de Malpica e Costa da Morte, e en marzo dirixido ao traballo realizado por Mulleres. 

Foi unha actividade moi enriquecedora, de forma que ao remate das xornadas conseguimos, co traballo en equipo, un espazo de vimbio para o tempo de lecer, de lectura, de tranquilidade e de xogo, un produto realizado entre tod@s e para tod@s, como comunidade educativa que somos.

Premendo na imaxe accederedes á galería de fotos das diferentes xornadas desenvoltas ao longo do xoves 10 e venres 11 de marzo. 

Agradecer á Asesoría esta oportunidade de aprendizaxe, a Julia de la Cal por achegarnos un oficio tradicional tan bonito e pola súa implicación; así como a todas as familias que puideron vir ao cole para colaborar con nós, INFINITAS GRAZAS!!!!


11.3.22

2ºEP - Día Internacional da Muller

Boas a todos e a todas!

Como todos os cursos, chegado o 8M conmemoramos o Día Internacional da Muller. Este ano levamos a cabo dúas actividades:

  • Entrevistas a mulleres traballadoras: desde as casas colaboráchedes para que o alumnado puidera facer unha pequena entrevista a unha muller traballadora coñecida para eles/elas. Esas entrevistas foron compartidas en clase posteriormente. 
  • Visita á exposición "Muller tiña que ser" elaborada polo alumnado de 6ºEP: acercámonos ao segundo andar para indagar sobre algunha das imaxes de mulleres que se atopaban no mural (quen eran?, que fixeron? por que foron importantes?).
Pica na imaxe para ver máis fotografías.



10.3.22

8M:Día Internacional da muller_6ºEI/1ºEP

 Cada 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da muller, data na que reinvindicamos a igualdade entre mulleres e homes. Nesta ocasión realizamos diversas actividades: 

- Visualización dunha curta de animación sobre o feminismo, adaptado para nen@s, e debate posterior. 

- Visita á exposición MULLERES TIÑAN QUE SER!, colocada no segundo andar e realizada polo alumnado de 6º de Primaria guiados pola súa titora Uxía. Aquí coñecemos algunhas das mulleres que fixeron historia polo seu traballo e aportacións á ciencia fundamentalmente. Mulleres coma Ángeles Alvariño, Vera Rubin, Jane Goodall, Lyn Petra Alexander ou Ana Prieto López. 

Picando nesta imaxe podedes ver máis fotos da galería.