T.I. 1º

3º TRIMESTRE 2019/20
Iniciamos o 3º trimestre e seguimos co proxecto do cole deste curso:
VISIÓN 3C: Comunicación, Ciencia e Creatividade.

Nesta última fase do curso imos centrarnos na creatividade, esa habilidade tan importante e necesaria no noso día a día.

Ireivos propoñendo distintas tarefas que nos permitan seguir repasando e aprendendo dun xeito máis creativo e divertido.


Publicación 9. Pequenos grandes chefs




>

Publicación 8. Seguimos medrando







Publicación 7. O noso caderno de campo








Publicación 6. GALILETRAS_2









Publicación 5. GALILETRAS_1. Cores e letras. 




Leer más publicaciones en Calaméo


Publicación 4. COS PÉS NA TERRA






Publicación 3. OS ANIMAIS DO BOSQUE
Os animais do bosque, de Baía Edicións é un libro que presenta algúns dos animais que habitan os bosques. É unha proposta lúdica de pregunta/resposta que busca sorprender e implicar directamente aos nenos e nenas na aprendizaxe.

É un dos libros que recolle o Plan Lector de Centro para a aula de 1º. O meu alumnado está familiarizado con él porque fixemos diferentes actividades durante o 1º e 2º trimestre.

Esta Tarefa Integrada que vos presento ten como finalidade que o alumnado aplique o vocabulario aprendido sobre os seres vivos; os animais tendo como centro de interese este libro.

Para realizar estas tarefas precisamos un dispositivo electrónico (ordenador, tableta ou móbil) con conexión a internet, un caderno e materiais de escritura.

Calquera dúbida ou dificultade que teñades contactade comigo no enderezo electrónico habitual.

Moito ánimo que xa queda menos.

Apertas familias!

Susana






Publicación 2. CORENT-ANIMAIS

Este caderno dixital recolle un resumo dos contidos traballados na área de Ciencias da Natureza antes da suspensión das clases.

Creei un  bo número de tarefas motivadoras que o voso neno ou nena pode facer no seu caderno durante estos días sen necesidade de ter que imprimir.  

É moi importante o voso papel familias como apoio para o alumnado de 1º na realización destas tarefas. Ante calquera dúbida contactade comigo por correo electrónico.





Publicación 1. LETRILANDIA. O PAÍS DAS LETRAS

Método de aprendizaxe da Lectoescritura a través das aventuras dos habitantes deste singular país.


Materiais


v
       Actividades


  • Caderno dixital  PERSONAXES LETRILANDIA. Lectura para coñecer un pouco máis aos habitantes do País das Letras. 
  • ABECEDARIO LETRILANDIA. Repasamos o abecedario en castelán (27 letras) e en galego (23 letras).
  • ABECEDARIO ANIMAL. Elaboramos o noso propio abecedario co centro de interese dos animais. As imaxes podemos recortalas dunha revista ou facer o noso propio debuxo. (ver exemplo)


  • Comprensión lectora LETRILANDIA: A familia Real. Lemos as oracións que aparecen nesta imaxe e facemos un debuxo. 
  •   AUDIOCONTOS. No apartado de Radio Balea temos publicado varios audiocontos. Déixovos un modelo da ficha  Que me contas? para que poidan cubrir no seu caderno.


·        





Ningún comentario: