Este pasado venres 26 volvemos a cociña para elaborar un rico biscoito de iogur e aproveitamos para pór en práctica as medidas de peso.
Picando na imaxe accederedes á galería de fotos.
Os/as pícaros/as de 1º e 2º mergullámonos na rede! Divertímonos aprendendo!
Este pasado venres 26 volvemos a cociña para elaborar un rico biscoito de iogur e aproveitamos para pór en práctica as medidas de peso.
Picando na imaxe accederedes á galería de fotos.
Boa tarde a todos e a todas!
Seguindo co proxecto Tras das pegadas romanas, elaboramos un cómic sobre a romanización de Galicia.
Para gravar estas escenas, visitamos o espazo do chroma e caracterizámonos para a ocasión. No noso galicómic representamos a chegada dos romanos a Galicia, a loita cos galaicos, a vitoria dos romanos e as diferentes construcións que estes foron facendo polo noso territorio.
Esperamos que vos guste!
Boas a todos e a todas!
Hoxe o alumnado de 1º e 2ºEP visitamos o Dolmen de Dombate, monumento megalítico de hai mais de seis mil anos no que existen dous túmulos. O túmulo principal ten 24 metros de diámetro e 1,8 metros de altura e conta con importantes restos artísticos.
Esta visita complementámola cun obradoiro de pintura onde puidemos ver como vivían as persoas neses tempos, como eran as súas vivendas, as ferramentas que empregaban e como conseguían as cores para pintar. Para finalizar, fixemos un mural propio que pronto teremos na parede da aula.
Se queredes máis información convidámosvos a consultar o seguinte catálogo: Dolmen de Dombate: arqueoloxía, restauración, arquitectura.
Pica na seguinte imaxe para ver as fotografías da actividade.
No día de onte o alumnado de 1º de primaria realizou na Biblioteca Escolar unha exposición oral sobre unha das etapas da historia de Galicia: Os romanos na Gallaecia.
Tivemos como público ao alumnado de 6º de EI que amosaron moito interese no tema xa que estiveran anteriormente investigando e aprendendo sobre a prehistoria e a vida dos castrexos, etapa anterior á chegada dos romanos.
Este traballo enmárcase dentro do PDI deste curso; NÓS: Patrimonio
IN-material.
Deixámosvos as diapositivas do traballo presentado en forma
de caderno electrónico.
Para
conmemorar o Día Internacional da Muller o alumnado de 1º investigou e aprendeu
a biografía dunha gran muller galaicorromana adiantada ao seu tempo. Falamos de
Exeria, muller valente, aventureira e soñadora.
O alumnado de 1º de primaria presentou
este traballo na Semana da Muller adicado ás galegas imprescindibles.
Bo día a todos e a todas!
Como motivo da conmemoración do 8M, Día da Muller, visitamos a nosa Radio Balea para levar a cabo unha entrevista a unha galega para nós imprescindible: Rakele Cavallo, artista metade italiana e metade galega, a cal agradecemos a súa boa disposición e a súa participación nesta actividade.
No día do aniversario da nosa escritora máis querida, a gran Rosalía de Castro, celebrámolo adicando a Hora de Ler a súa poesía. Logo cada un de nós elexíu unha palabra que nos evocase a súa figura ou escrita e fomos pegala na súa silueta que está no mural que temos adicada a ela.
Picade na imaxe para ver máis fotos na galería.
A Torre de Hércules ou Faro Brigantium, nome co que foi bautizado polo romanos, é un dos monumentos máis importantes do noso patrimonio. É o faro en funcionamento máis antigo do mundo.
Trala súa historia tamén podemos atopar algunha lenda como esta recollida polo rei Afonso X, o sabio, no século XIII, e que o alumnado de 1º de Primaria reproducíu por escrito e ilustrou neste traballo que vos presentamos a continuación en forma de caderno electrónico.
Enmarcamos esta actividade dentro do noso PDI bianual: NÓS_ Patrimonio in-MATERIAL.