25.2.21

Maxia para Marco

O profe Sergio ten moitas facetas artísticas. Sabemos que toca a guitarra e o ukelele porque xa nos ten deleitado nalgunha ocasión coa súa música pero descoñecíamos que tamén SABE FACER MAXIA!

Este vídeo que vos presentamos é un truco de maxia que gravou para o noso Superheroe Marco García. 

Agardamos que lle guste tanto como a nós! 

Vai por e para ti Marco. Unha aperta de todos os mestres/as e compañeiros/as. 

Grazas Sergio!


23.2.21

Marco

O Superheroe Marco envíanos dende a súa casa unha mensaxe para todos e todas.
É imposible non contaxiarse de tanta alegría e amor como transmites. 
Estamos superorgullos@s de ti. 
Grazas Marco!


19.2.21

1º de EP - Vídeo de Entroido

Boas a todos e a todas!

Aquí vos deixo o vídeo de Entroido que realizou a aula de 1º de EP coa canción Superheroes e Superheroínas de Paco Nogueiras. 

No blog da biblioteca tamén podedes atopar o vídeo conxunto realizado por todo o alumnado do centro. 

Esperamos que vos gusten!

11.2.21

Entroido 2021.Día 4_2º de Primaria

Moito nos gusta o entroido!! Aquí vos deixamos un vídeo que montamos hoxe co disfraz que fomos elaborando ao longo da semana. Mañá o Farruco pídenos que traiamos a cara decorada e así faremos. 
Quero agradecer a colaboración de todas as familias e facer unha mención especial a Marco García, o líder deste ENTROIDO SUPERHEROICO!!
Sodes estupend@s!

10.2.21

Entroido 2021. Día 3_2º de Primaria.

Bo día a todos e todas! 

Seguimos mellorando o noso disfraz de superheroes e superheroínas do día a día. 

Hoxe tocou traer unhas luvas que nos outorgan maiores superpoderes. 

Mañá completaremos o disfraz cun utensilio de cociña de madeira.

Que viva o entroido! 



9.2.21

Entroido 2021. Día 2_2º de Primaria

Segundo día de entroido no cole. Hoxe tocou traer unha capa, como auténticos superheroes e superheroínas que somos.

Visitamos o Farruco e pídenos que mañá traigamos unhas luvas de cociña para seguir completando o noso disfraz.





8.2.21

Entroido 2021. Día 1_2º de Primaria

Comezamos unha semana moi especial, a semana do entroido no colexio. A semana na que imos seguir os mandadiños do Farruco para convertirnos no que somos: uns superheroes e superheroínas do día a día. 

Aquí tendes as imaxes do ben que lucimos hoxe o noso adorno na cabeza. 








 

5.2.21

Animación á lectura_2º de Primaria

Hoxe fomos á Biblioteca facer a devolución e empréstito do conto para a bolsiña viaxeira, que cada semana viaxa ás nosas casas.

Aproveitamos para facer unha actividade de animación á lectura visionando un vídeo titulado Toupiconsellos ofrecido polo Consorcio editorial, posto que este curso, debido a situación sanitaria derivada do COVID-19, os/as autores/as non farán visitas presenciais no cole. 





3.2.21

Laboratorio de cociña_2º de Primaria

Hoxe visitamos o laboratorio de cociña para experimentar coas medidas de capacidade que estamos aprendendo na área de Matemáticas: o Litro.

Cada equipo dispoñíamos dun conxunto de recipientes de diferente tamaño e forma e fixemos varias actividades: Ordenámolos de maior a menor capacidade, clasificamos os que tiñan máis e menos de 1 Litro ou comprobamos cantos vasos podíamos encher con ½ litro e 1 litro de auga.

Que mellor forma de aprender que vendo, manipulando e experimentando!

Pica na imaxe para ver máis fotos deste día na galería. 




2.2.21

1º de EP - Animación á lectura

Bo día a todos e a todas!

Debido ao momento que estamos a vivir coa Covid-19, este ano os autores non visitan os centros escolares. Por este motivo, no día de hoxe, visitamos a nosa biblioteca para ver un vídeo que nos fixo chegar o Consorcio Editorial como recurso de animación á lectura a través dos Toupiconsellos.


 



1.2.21

Contos valorados, lecturas compartidas_2º de Primaria

Pola Semana da Paz o alumnado de 2º de Primaria eleximos o conto A mellor sopa do mundo, de Susanna Iseen para representar nun Kamishibai. 

Un conto marabilloso que nos ensina a importancia da amizade, da cooperación, do tempo compartido...

Desfrutamos moito realizando as ilustracións e preparando a súa lectura. 

Unha aula de artistas! Parabéns!