Amosando publicacións coa etiqueta ciencias da natureza. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ciencias da natureza. Amosar todas as publicacións

11.6.25

2ºA_Así son: animais e plantas

 
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Finalizamos o curso coa tarefa integrada "Así son: animais e plantas". Actividades diversas que nos permitiron investigar, plantar, observar, crear, xogar... Ademais dos libros da nosa biblio, tamén aproveitamos os exemplares da maleta naturalista do CEIDA para para saber máis.

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Retos cumpridos, da presentación que nos remitiu Leo, a nosa serea lectora:

2ºA_Así son: animais e plantas de Fátima Romero Olveira

5.12.24

2ºA_Non somos... máquinas!

Non somos... máquinas! de Fátima Romero Olveira

Presentamos un resumo audiovisual da tarefa integrada que desenvolvemos ao longo do 1º trimestre: ciencias da natureza, lingua galega, educación plástica e visual e contidos transversais que se recollen no caderno de lapelas ou lapbook creado por cada unha e cada un de nós.

Leo, a nosa serea lectora, animounos a investigar achegándonos recursos varios (bibliográficos, dixitais...) aos que demos bo uso, ao igual que aos privilexiados espazos cos que contamos: BE-LeoLab.

A seguinte presentación foi a que nos deixou Leo para iniciar a tarefa: retos que superamos sen dificultade grazas a información que atopamos nos libros e na Rede.

2ºA_Leo anímate a... investigar!: Non somos... máquinas! de Fátima Romero Olveira

Ao tempo, achegamos enlace á galería de fotos premendo na seguinte imaxe:

O vindeiro trimestre seguiremos investigando, aprendendo xunt@s, divertíndonos!

6.2.24

Clases de 6ºE.P. a 1º E.P.

 Este trimestre en Ciencias da Natureza comenzamos traballando os seres vivos e contamos coa axuda do alumnado de 6º E.P. para que nos impartiran diferentes clases sobre os animais. Fixeron un gran traballo os máis maiores xa que prepararon unha parte teórica e unha parte práctica, abordando:

- As funcións vitais dos seres vivos.

- Os animais vertebrados e invertebrados.

- A clasificación dos animais segundo a súa alimentación.

- Os hábitats dos animais.

- E os 5 grandes reinos dos animais vertebrados.

Podedes ver todas as fotos destas sesións premendo no seguinte enlace: Clase 6º/1º



27.11.23

Proxecto corpo humano

Estamos chegando ao final deste proxecto do corpo humano e déixovos o genially que realicei como base de motivación para todas as actividades, así tamén podedes repasar xuntos na casa.


 

23.9.22

Novos proxectos, novas ilusións_1º EP

Comezamos un novo curso escolar e con él novas ilusións e novos proxectos. O alumnado de 1º de primaria atopou fai uns días un insecto moi peculiar no patio que lles chamou moito a atención resultando ser unha mantis relixiosa. 

Alexia  tamén nos trouxo ao colexio unha bolboreta morta dentro dun frasco transparente e aproveitamos para observala cun microscopio. 

Estas dúas anécdotas animounos a investigar e aprender máis sobre o mundo dos insectos. Amosamos algunhas da fotos do traballo que estamos a desenvolver estos días. 

Pica na imaxe para acceder á galería. 






9.5.22

2ºEP - As nosas plantas

Boas a todos e a todas.

Para rematar o tema das plantas, comezamos este trimestre plantando diferentes sementes. Nun primeiro lugar, observamos diferentes clases de sementes (tamaño, forma, tipo…). Despois, escollemos a semente para plantar e vimos o proceso de xerminación.

Hoxe xa temos algún brote e esperamos que ao longo destes días vaian saíndo todos. Segundo vaian crecendo iremos completando a nosa folla de seguimento (data na que plantamos a semente, medida da semente, días que humedecemos a terra, data na que se viu o primeiro brote, debuxo da folla…).

Pica na imaxe para ver as fotografías da actividade.



8.2.22

Eu son como son_1º de Primaria

Queremos amosarvos un par de imaxes de como nos quedou o lapbook no que estivemos traballando durante o primeiro trimestre na área de Ciencias da Natureza. O bloque de contidos xiraban arredor do Ser Humano e a Saúde: as partes do corpo, os sentidos e os seus órganos, os coidados do corpo...

Aprendemos moito!






4.5.21

1º de EP - A reciclaxe

Boas a todos e a todas!

Neste trimestre celébrase a conmemoración do Día Mundial do Ambiente (5 de xuño) polo que, facendo coincidir o correspondente tema de Ciencias da Natureza, comezamos traballando cos diferentes colectores de lixo. 

Todos os nenos e nenas están acostumados a velos pola rúa pero, saben o que hai que botar en cada un deles? Ao principio non o tiñan moi claro: cantos tipos hai? de que cores son? Ademais destes catro colectores, hai algún máis? (pilas, aceites, roupa...).

Preme na imaxe para ver máis fotografías do proceso.

4.3.21

1º EP - Os nosos castiñeiros

Boas a todos e a todas!

Déixovos por aquí unhas fotografías do proceso dos nosos castiñeiros que pouco a pouco van medrando e botando as súas primeiras follas.

 

1.2.20

Flora, a esquelete da aula de 1º


Para rematar o proxecto de traballo sobre o corpo humano e a alimentación, na Área de Ciencias da Natureza, gravamos este vídeo cun poema colectivo que inventamos sobre Flora, a esquelete que nos fixo compañía  na aula durante todo este tempo.