30.11.23

O meu nome en Lingua de Signos

Polo Día Internacional das persoas con discapacidade os nenos e nenas de 1ºB e 2º de Primaria queremos dar visibilidade e apoiar a lingua de signos como medio de comunicación das persoas con deficiencia auditiva.

Velaquí este vídeo gravado no mural da entrada do noso cole e no que signamos o nome de cada un de nós co alfabeto dactilolóxico.  

POR UN MUNDO ONDE NON EXISTAN AS BARREIRAS COMUNICATIVAS!!!


                                    

27.11.23

Proxecto corpo humano

Estamos chegando ao final deste proxecto do corpo humano e déixovos o genially que realicei como base de motivación para todas as actividades, así tamén podedes repasar xuntos na casa.


 

RETO 5º: os músculos


 A semana pasada estivemos traballando os músculos de múltiples maneiras e aprendimos motísimas cousas interesantes sobre eles. Unha das actividades que máis nos gustaron foron as tarxetas de body planet, podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: músculos






Receitas VIO polo 25N




O pasado venres conmemoramos o Día contra a violencia de Xénero traballado o libro Pepuka y el monstruo que se llevó su sonrisa, e redactamos unha receita médica sobre esta lectura para loitar contra a violencia. Despois colgamos todas as receitas nun mural común e experimentamos coa luz ultravioleta onde escribimos valores relacionados con estas lecturas. Podedes ver todas as fotos da xornada premendo no seguinte enlace: receita VIO.

 

23.11.23

Aniversario Lector_Lucas

Hoxe é o aniversario de Lucas e recibimos a nai para que entre os dous nos lesen un conto moi interesante titulado: 

Mi ojo especial. Un libro para niños sobre prótesis oculares de María Gómez Lozano. 

Un conto que nos narra a historia de Bruno, un neno que leva unha prótese ocular igual que o noso compañeiro Lucas. 

Aprendemos un montón sobre as próteses oculares xa que nos trouxo varias para ensinar e tamén nos agasallaron cun exemplar do conto para a nosa biblioteca do cole. 

Moitas grazas Lucas e MOITÍSIMOS PARABÉNS!!!










21.11.23

RETO 4º: O ESQUELETO


 

Rematamos o estudo do esqueleto, aprendendo os diferentes osos, grazas a todas as maquetas que mandáchedes as familias, a búsqueda nunha sopa de letras, a composición do esqueleto na mesa de luz... e tamén traballamos a radiografía e o nome dos dedos en galego e en castelán e as huellas dactilares. Estamos moi emocionados porque xa soamente nos quedan dúas partes do noso esqueleto para conseguir o agasallo final. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: Esqueleto.












17.11.23

Mes da ciencia nas BE

 Ao longo do mes de novembro conmemoramos o mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas Escolares. As aulas de primeiro e segundo acudimos a biblioteca do centro o pasado venres a buscar información sobre experimentos e para iso o primeiro que tuvimos que facer foi empregar a CDU para saber onde estaban os libros de ciencias.


Posteriomente nos dividimos en grupos, mesturando as dúas aulas, e buscamos aqueles experimentos que podíamos realizar no cole, chegando a un acordo para elexir un deles e anotando os materiais que precisamos.




Durante esta semana fumos completando a ficha, escribindo os pasos que tíñamos que realizar para levar a cabo o experimento e finalmente hoxe os realizamos, e como bos científicos algúns saíron e outros non. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: Experimentos.




16.11.23

Reto: os sentidos


 

Rematamos o reto dos sentidos, traballando cada un deles de maneira significativa na aula sensorial polo Samaín (podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: aula sensorial). Tamén estudiamos os diferentes sentidos individualmente, descubrindo ata un novo sabor: o umami. E finalmente realizamos un xogo no que nos indicaban diferentes accións para traballar os sentidos.





















Última maquetas do proxecto do corpo humano

 Xa recibimos as últimas maquetas do proxecto do corpo humano, no mes de decembro faremos unha presentación as dúas clases e despois xa poderán levalas para casa. Moitas grazas  a todas as familias pola súa colaboración.







2.11.23

Aniversario Lector_Anxo

Hoxe é o aniversario de Anxo, 7 anos cumpre xa!!! Os seus pais animáronse a participar no programa ANIVERSARIO LECTOR compartindo a lectura dun conto co alumnado de 1ºB/2º de Primaria. 

O conto elexido foi Cocorico, de Marisa Núñez. Editorial OQO. Un clásico xa pero que nunca nos cansamos de escoitar. 

Grazas por vir!! 

MOITOS PARABÉNS, ANXO!.