Nestas imaxes podedes ver algunhas das actividades que fixemos para recibir o Nadal, como a elaboración de galletas, os adornos naturais ou a visita do Carteiro Real, que veu buscar as cartas que lle escribimos aos Reis Magos.
21.12.21
6ºEI - 1ºEP - 2ºEP - Polo Nadal
Boas a todos e a todas!
Presentamos... Nadal no Milladoiro!
Un produto audiovisual coordinado polo mestre de Música, Alfonso, para festexar o Nadal no Milladoiro.
Felicitamos @s nen@s polo gran traballo realizado, por transmitirnos día a día a súa ilusión e felicidade a pesares de todos os protocolos sanitarios que debemos cumprir.
Felicitar ao mestre Alfonso polo gran traballo de organización, produción e edición para poder vernos tod@s xunt@s nun Nadal no que seguimos sen ter "normalidade", pero que nunca nos falte un sorriso, unha canción que cantar e bailar.
Un fermoso agasallo nun Nadal singular.
2°EP - Adornos de Nadal
20.12.21
EI - 1°EP - 2°EP - VISITA DO CARTEIRO REAL
Hoxe recibimos unha visita moi especial: O CARTEIRO REAL!!!!!!
Xa que os Reis Magos teñen moito traballo, enviaron ó seu carteiro real a recoller as cartas que con tanta ilusión fixemos.
Os peques de 4º e 5º EI esperamos con moito nervio na biblioteca, xa que o carteiro e a súa axudante estaban na aula de 1º e 2º de Primaria.
Tras entregarlle as nosas cartas e as dos compis que hoxe non puideron vir á escola, recibimos unhas deliciosas chuches por ser moi bos e boas e por esforzarnos e traballar tanto este trimestre.
Pica na imaxe para ver máis fotografías.
FELICES FESTAS A TOD@S!!!!!
No Nadal gústanos agasallar. 6º EI/1ºEP
Como remate deste primeiro trimestre propuxénonos celebrar o Nadal agasallando aos compañeiros e compañeiras de 3 anos cun xogo sobre os medios de transporte que elaboramos entre todos e todas. Porque no Nadal gústanos compartir e agasallar!!
BO NADAL E FELIZ 2022!!
Premede na imaxe para acceder á galería
19.12.21
6°EI - 1°EP - 2°EP - Contos e cantos con Teresa dos Cucos
Como remate deste 1º trimestre escolar no que puxemos o acento na tradición oral de Malpica tivemos a honra de que nos visitase Teresa dos Cucos, unha veciña do lugar de Pontella que vén de recibir a distinción de Mestra da Memoria 2021, galardón que cada ano a AELG outorga a aquelas persoas que contribúen a manter viva unha parte fundamental da nosa memoria colectiva e saber popular.
O alumnado de 5º de primaria entrevistouna na nosa Radio Balea e despois foi recibida polos nenos e nenas de 6º de EI, 1º e 2º de primaria na biblioteca. Alí Teresa contounos e cantounos.
Amosámosvos imaxes e un pequeno vídeo deste fermoso encontro. Unha xornada ben pracenteira!
Grazas por vir, Teresa!
17.12.21
2ºEP - Adorno robótico
Boas a todos e a todas!
Rematamos o trimestre traballando a alfabetización informática a través da programación gracias a un obradoiro impartido pola profe Marta.
Nos últimos días todo o alumnado tivo un achegamento a un novo material xa dispoñible no Leolab: a placa Micro:bit.
Durante estas sesións formativas coñecimos a linguaxe de programación a través da plataforma Makecode (moi parecida a Scracht) e configuramos cada placa con luces leds, mensaxes ("Bo Nadal") e música (panxoliña) que se establecerán como un adorno máis dentro da árbore de nadal que temos na porta da clase.
O programa que empregamos deixámolo no seguinte enlace, por se algunhas das peticións aos Reis Magos é un kit Micro Bit para seguir aprendendo e creando; pois saímos encantados da sesión.
10.12.21
2°EP - Árbore de Nadal
9.12.21
2º EP - Doces de Nadal
Boas a todos e a todas!
Hoxe visitamos a cociña do centro para desfrutar da elaboración e degustación dos nosos doces de Nadal.
Pica na imaxe para ver máis fotografías.