16.6.22

6ºEI - 1ºEP - 2ºEP - Saída ao MUNCYT

Boas a todos e a todas!

Na xornada de onte realizamos a visita que tiñamos prevista ao MUNCYT de A Coruña

Nada máis entrar recibíronnos cunha avioneta colgada sobre as nosas cabezas, aspecto que nos sorprendeu e que nos fixo ver que a visita nos ía gustar. Unha vez dentro...non defraudou! Puidemos ver diferentes utensilios e máquinas na sala do Século XX (unha das primeiras televisións, unha das primeiras lavadoras, o primeiro ordenador, motos, coches, as partes dun avión real...) e o que máis nos gustou: puidemos entrar dentro dun avión e visitar a cabina do piloto! E non era un avión calquera, este avión era o máis grande daquela época e foi moi importante porque nel viaxou o Guernica de Picasso desde Nova York ata Madrid no 1981.

Para finalizar a nosa visita, desprazámonos ata a Torre de Hércules para merendar, aínda que a brétema nos dificultou un pouco poder gozar das vistas.

Preme na imaxe para ver máis fotografías da visita.



2ºEP - Retos no Leolab

Boas a todos e a todas!

A pasada semana visitamos de novo o Leolab para levar a cabo unha iniciativa do Equipo de Ideas: Retos no Leolab. 
Clasificados por cores segundo a dificultade, contamos con diversos retos para levar a cabo con todos os recursos que podemos atopar no Leolab.

Preme na imaxe para ver máis fotografías.



9.6.22

Retos no LEOLAB. 6º EI/1ºEP

Hoxe volvemos visitar o LEOLAB porque nos quedaron moitos RETOS  pendentes de facer e tiñamos moita curiosidade. 

Grazas ao Equipo de Ideas do cole por tan boa iniciativa. 

Estas son algunhas das imaxes do día.







7.6.22

6ºEI - 1ºEP - 2ºEP - Saída ao Centro de Artesanía e Tradición (CAT)

Boas a todos e a todas!

No día de onte realizamos a visita ao Centro de Artesanía e Tradición de Buño. Alí, ensináronnos a sala “Non canto por cantar”, inaugurada recentemente. Nela, reúnense imaxes, traxes… da historia da música e do baile do municipio. Ademais, tamén puidemos visitar unha sala dedicada á pesca, onde vimos as artes de pesca, as embarcacións, a evolución nos utensilios empregados para faenar... e outra dedicada ao barro (como se consegue o barro, utensilios empregados, o forno...).

Velaquí tendes unhas imaxes da saída. Pica na imaxe para poder velas.  



2.6.22

Xogo 3R - Choiva de tapóns

Boas a todos e a todas!

Este mes levamos a cabo a proposta do Equipo Creativo para o Laboratorio de Ideas: a creación dun xogo a partires de materiais de refugallo. Unha proposta enmarcada dentro da conmemoración do Día do Medio Ambiente.

Para a realización do noso Xogo 3R comezamos facendo unha pequena indagación nos libros da nosa Biblioteca e traballando o texto instrutivo na área de Lingua Galega. Ademais, aproveitando que na área de Matemáticas estabamos traballando os corpos xeométricos, aprendemos a montar o noso propio cubo, creando así o dado para o noso xogo: Choiva de tapóns.

Picando na seguinte imaxe poderedes ver as fotografías do proceso.




1.6.22

Retos no LEOLAB_1º Primaria

Fai uns días visitamos o LEOLAB e atopamos unha serie de retos aos que nos tivemos que enfrontar por equipos. Os retos escollidos xiraban arredor da xeometría e fomos quen de superalos todiños. 

Queda pendente pasarnos outro día para realizar outros retos que preparou o Equipo de Imaxe. 

Prema na imaxe para entrar na galería.