O pasado mércores o alumnado de 1º de Educación Primaria realizou unha visita aos diferentes servizos que compoñén unha vila, dentro da materia de ciencias sociais. Agradecer a todas as persoas que moi amablemente os recibiron, lles explicaron o traballo que se realizaba na súa dependencia e incluso lles derón un agasallo. Visitaron a policía local e a garda civil, o concello onde os recibiron o alcalde e a Concelleira de Cultura, as oficinas de correos, a farmacia, a panadería do Forno Novo que os agasallaron cun biscoito e un boliño de pan para cada un deles, o mercado, o centro de saúde e a nave das redeiras. Podedes ver todas as fotos no seguinte enlace: visita a Malpica.
Pícaros do Milladoiro
Os/as pícaros/as de 1º e 2º mergullámonos na rede! Divertímonos aprendendo!
18.11.24
7.11.24
Aniversario lector_Maia 3°
5.11.24
Aniversario Lector_Anxo 3°
O pasado día 2 de novembro Anxo estivo de aniversario, nin máis nin menos que 8 anos. A súa nai e o seu pai achegáronse hoxe ata a nosa aula para compartir con todos nós un dos contos favoritos de Anxo: Inspector Cito y Chin Mi Edo: Intriga en la fábrica de paraguas.
Un conto moi divertido.. Encantounos.
Grazas por vir familia e MOITOS PARABÉNS, ANXO!
1.11.24
Lecturas Terroríficas. 2ºB/3º
Chegou unha das nosas semanas favoritas, a das Lecturas Terroríficas. A nosa aula preparou dúas actuacións:
- 2º B_ Dramatización do conto Corre, corre cabaciña de Eva Mejuto.
- 3º _ Adiviñas monstruosas de Gloria Sánchez.
Deixámosvos os videos das actuacións para que vexades o ben que o fixeron. Noraboa a tod@s!
Se clicades neste enlace levaravos á galería de imaxes.
30.10.24
2ºA_Samaín... na aula sensorial!
Experimentamos nos diferentes recunchos da aula sensorial para conmemorar o Samaín: luz ultravioleta, mesa de luz, radiografías, creación de apócemas, lecturas na cabana escura...
Experiencias sensoriais para desenvolver todos os sentidos, incentivar a imaxinación, a creatividade... medrando sen medo!
Feliz Samaín a tod@s!
Aula sensorial - Samaín (1º E.P.)
O alumnado de 1º de Educación Primaria acudiu a aula sensorial no día de hoxe a festexar o Samaín, con actividades moi especiais:
- Minimundos con obxectos e bichos de Samaín experimentando coas luces.
- Contar arañas na mesa de luz.
- Debuxos de Samaín coa luz ultravioleta.
- Buscar arañas transparentes.
- Atopar os bichos escondidos nas mesas sensoriais.
- Empregar lanternas de Samaín e ler libros de medo na cabaña.
E a actividade que favorita que foi facer pócemas de meigas. Podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: aula sensorial 1º.
28.10.24
1º E.P. - XV Lecturas Terroríficas
O alumnado de 1º E.P. participou na XV Semana das lecturas terroríficas coa interpretación do conto Sete monstros e un gato de Rafa Ordóñez, podedes ver todas as fotos da actuación no seguinte enlace: samaín 1º.
26.10.24
2ºA_Cabazas... do máis natural!
O Samaín xa está ás portas e con el a nosa tradicional exposición de cabazas creadas en familia.
Como cada curso escolar, a temática elexida xira en torno ao PDI de centro e a creatividade de cada familia: "Cabazas... do máis natural"
Na exposición da nosa aula a natureza está moi presente: postas de Sol, o mesmo Sol, animais varios, un tomate do máis natural, o bosque e... ata un personaxe de conto (Naturizo, o ourizo cacho amigo de Leo)
Deseños moi creativos e orixinais, que curso tras curso non deixan de sorprendernos. Parabéns a todas as familias pola súa colaboración no proceso educativo d@s nen@s.
25.10.24
Aniversario Lector_Ismael
Seguimos recibindo familias que se animan a participar no programa Lectura e Familias: Aniversario Lector.
Desta vez celebramos o aniversario de Ismael que onte fixo 8 anos. O conto compartido foi Lume de Alberto Barreiro Ferreiro.
MOITOS PARABÉNS, ISMA! E moitas grazas familia por participar.
24.10.24
2ºA_XV Lecturas Terroríficas na biblio
Co gallo das XV Lecturas Terroríficas na biblio, presentamos "A casa da miña avoa" de Pep Bruno en kamishibai ou "teatro de papel".
Esperamos que vos guste, nós pasámolo... de medo!
Aula sensorial (1º E.P.)
O alumnado de 1º E.P. acudiron por primeira vez neste curso a aula sensorial, realizando diferentes actividades como a lectura con lanternas na cabaña, o visionado de radiografías na mesa de luz, construción de mini-mundos nos aparatos de estimulación visual... podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: aula sensorial.
22.10.24
2ºA_Día das Escritoras e das Bibliotecas
No día de hoxe desenvolvemos a formación de usuari@s da nosa biblio grazas ao mural "Elas escriben... Teatro en Galego"
A identidade dos libros e a búsqueda de exemplares de cada escritora foron protagonistas da actividade que desenvolvemos en gran e pequeno grupo.
Non tivemos ningún atranco para resolver os retos propostos por Leo, a nosa serea lectora. Conseguimos emparellar cada cuberta dos libros coa súa autora e repasar contidos moi importantes para ser bos/boas usuarios/as da nosa biblio.
Seguiremos a dar moi bo uso a nosa BE-LeoLab, pois ademais dos libros... encántanos crear e aprender divertíndonos no LeoLab, tal e como reflicte a seguinte imaxe:
21.10.24
Aniversario Lector: 2ª B_Valentino
Hoxe durante a Hora de Ler volvemos celebrar outro Aniversario Lector. Nesta ocasión recibimos a Vania, mamá de Valentino, que veu compartir unha lectura con todos nós.
O libro elexido foi La ovejita que vino a cenar, de Steve Smallman. Un conto moi tenro e divertido. Gustouno moito.
Grazas familia por vir!
Moitos parabéns Valentino!
11.10.24
Aniversario Lector: Olivia (2ºB)
2ºA_Os nosos avatares!
Presentámonos... en formato dixital!
Os nosos avatares creados por cada un/unha de nós representan a nosa identidade dixital en formato imaxe, a cal lle daremos bo uso ao longo do curso.
Seguiremos desenvolvendo a competencia dixital, aprendendo na Rede!