Amosando publicacións coa etiqueta dinamización da lingua. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta dinamización da lingua. Amosar todas as publicacións

17.5.25

2ºA_Festival das Letras 2025

Presentamos a nosa participación no Festival das Letras 2025 do CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños.

Atendendo ao Día das Letras Galegas, que homenaxea á poesía popular oral, ás cantareiras e pandeireteiras, a aula de 2ºA cantamos e contamos!

Grazas infindas a Tania, María, Suso e familias pola colaboración e participación para que a nosa actuación se materializara.

Valorando e preservando a nosa rica tradición oral e cultural, todos os días do ano.

Feliz Día das Letras Galegas!

12.5.25

2ºA_Galicómic: "Axolotes a lotes no Milladoiro"

Presentamos o noso cómic para o libro de produción propia de centro, Galicómic 2025, que garda relación co PDI.

Un cómic no que recollemos a nosa fascinación por un animal estraño e marabilloso: o axolote.

Ler para crer!

24.2.25

2ºA_Día de Rosalía 2025

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Celebramos o Día de Rosalía reproducindo na plantilla-pandeireta, facilitada polo equipo de BE-DL, unha copla do "Maneo de Mens" que tamén gravamos en Radio Balea para o vídeo da actividade de centro en relación co PDI que nos ocupa.

Ao tempo, organizamos a recolleita de poesía popular realizada entre as familias da nosa aula resultando outro produto final co cal podemos seguir investigando e aprendendo. 

Grazas a todas as familias pola súa colaboración e... feliz Día de Rosalía, hoxe e todos os días do ano!