Amosando publicacións coa etiqueta contando. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta contando. Amosar todas as publicacións

17.5.25

2ºA_Festival das Letras 2025

Presentamos a nosa participación no Festival das Letras 2025 do CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños.

Atendendo ao Día das Letras Galegas, que homenaxea á poesía popular oral, ás cantareiras e pandeireteiras, a aula de 2ºA cantamos e contamos!

Grazas infindas a Tania, María, Suso e familias pola colaboración e participación para que a nosa actuación se materializara.

Valorando e preservando a nosa rica tradición oral e cultural, todos os días do ano.

Feliz Día das Letras Galegas!