Amosando publicacións coa etiqueta proposta de actividades. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta proposta de actividades. Amosar todas as publicacións

24.4.25

1º-2ºA_Lectura na rúa!

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

As aula de 1º e 2ºA, seguindo a proposta de actividades relacionadas co PDI de centro, celebramos o Día Mundial do Libro saíndo á rúa para realizar a nosa Hora de Ler diaria.

Achegámonos ao parque de Seaia, camiñando, para xogar, logo merendar saudablemente arredor do gran mantel, voltamos xogar e pechamos a saída coa lectura dos títulos do plan lector de cada aula.

Unha xornada lectora e saudable!

14.3.25

1º e 2ºA_Semana da Muller: Pandereteiras de Mens

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Atendendo á proposta de actividades anuais, as aulas de 1º e 2ºA realizamos a biografía das Pandereteiras de Mens para o mural de centro celebrando a Semana da Muller 2025.

Unha biografía que nos achegou ás Mulleres homenaxeadas o Día das Letras Galegas 2025: cantareiras e pandereteiras; cantando, contando, xogando na páxina web da Real Academia Galega:

Aprendizaxes cargadas de poesía popular oral, de Mulleres pioneiras que co seu tocar e cantar conservaron a nosa tradición para legarnos todo o seu saber e sentir.

Feliz Día da Muller 2025!

2.2.25

2ºA_Reto pola Paz... intercentros!

2ºA-Milladoiro & 1ºA-Tarrío_Retos pola Paz_2025 de Fátima Romero Olveira

Presentamos un resumo audiovisual da actividade realizada, dentro da proposta de actividades do PDI de centro, para conmemorar o Dia da Non Violencia e da Paz.

Actividade na que desenvolvemos: lectura activa, reflexión, valores, creatividade e... convivencia intercentros!

Un novo reto que nos enviou Leo, a nosa serea lectora, tal e como se recolle na seguinte presentación, e que compartimos co CEIP de Tarrío (Culleredo) onde está o noso titor do pasado curso, Keko:

2ºA_Retos pola Paz de Fátima Romero Olveira

A imaxe fala por si soa, tal foi a emoción de realizar o reto e contactar con Keko e o seu grupo, que así o reflectimos na noticia da semana.

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos
Repetiremos conexión, seguro!

17.12.24

1º e 2ºA_Visitamos o Centro de Día de Carballo

1º e 2ºA_Visita ao Centro de Día de Carballo_Nadal 2024 de Fátima Romero Olveira

No día de hoxe, ademais de ir ao cine, visitamos ás avoas e aos avós do Centro de Día de Carballo, esperando que a nosa vídeo-postal, a cal remitimos por correo electrónico, lles gustara.

Recibíronnos, persoal, avoas e avós cun gran sorriso e os brazos abertos; tal e como podedes ver no vídeo.

Grazas infindas a tod@s e esperamos que, en canto poidan, veñan visitarnos!

12.12.24

1º e 2ºA_Vídeo-Postal de Nadal para...

Vídeo-Postal de 1º e 2ºA_Nadal 2024 de Fátima Romero Olveira

Presentamos a nosa postal de Nadal que remitimos ás avoas e aos avós do Centro de Día de Carballo.

O vindeiro martes coñeceremos se lles gustou, pois faremos unha visita ao Centro de Día para coñecel@s e entregarlles as nosas postais en formato papel. Premendo no seguinte enlace accederedes ao vídeo-resumo da visita:

Unha postal creada con moito cariño, porque as avoas e os avós son as máis apreciadas bibliotecas: atesouran historias de vida que nos legan e non debemos olvidar.