19.6.24

Aniversario Lector: Daniela e Alberto

Nestes últimos días de curso recibimos a visita da mamá de Daniela e de Alba, a irmá de Alberto, que viñeron celebrar con eles o Aniversario Lector. 

Os contos que tivemos o pracer de escoitar e que tan ben preparon foron La zampapantallas de Helen Docherty e O coelliño Branco de Xosé Ballesteros. 

Felicitamos por adiantado a Daniela e a Alberto polo seu aniversario que coincidirá coas vacacións do verán. 

Grazas ás familias pola súa colaboración!! Agardámosvos para o curso que vén!! 








18.6.24

Xogos de mesa


O pasado venres o alumnado de 1º, 2º e 3º de E.P. disfrutou dunha xornada de xogos de mesa, na que o alumnado de 6º E.P. encargouse de dirixir os diferentes xogos e así competiron nas serpes e escaleiras, no uno, no rei dos dados, o gelato, o bingo... Moitos destes xogos foron mercados gracias ao plan de formación do profesorado. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: xogos de mesa.
 

15.6.24

REMATE DA INICIATIVA BOLSIÑAS DEPORTIVAS (PVAD)

 A semana pasada veu de rematar a iniciativa ¨bolsiñas deportivas¨que consistiu na creación de 4 mochilas as cales contiñan unha serie de material deportivo que os nenos e nenas do 1º ciclo levaban ás casas en formato semanal e rotativo. O que se buscaba era ofrecer alternativas de ocupación activa e positiva do tempo de lecer coa familia, compañeiros, amigos e amigas...Os feedbacks recibidos en xeral foron positivos polo que estamos seguros de que o vindeiro ano repetiremos esta actividade.

Esta é unha proposta que xurde dende o Plan Proxecta + (PVAD) que estamos a desenvolver no presente ano no centro.



acceso á galería de imaxes picando na seguinte👇

14.6.24

Xogos na praia (PVAD)

No día de onte o alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria baixamos ata Canido para desfrutar dunha xornada de xogos na praia dirixidos por Óscar, o profe de Educación Física. 
Esta actividade encádrase dentro do Plan Proxecta PVAD (Proxecto de vida activa e deportiva) que comezamos o presente curso.

Pasámolo super ben!


                    Picade nesta imaxe para ver máis fotos da xornada


11.6.24

Búsqueda do tesouro (1º/2º E.P.)


 

O pasado luns fixemos unha búsqueda do tesouro por Seaia. Cada alumno levaba un mapa que tiña sinalado 5 lugares de Seaia onde atoparían unha pista, que era unha fotografía cunha letra por detrás. Finalmente, o sitio onde tiña que buscar o tesouro era no patio do cole e que alegría máis grande cando o atoparon. Podedes ver todas as fotos da xornada premendo no seguinte enlace: Búsqueda do tesouro.Búsqueda do tesouro.

Retallos naturais (1º E.P.)

 O pasado mércores 5 de xuño conmemoramos o Día do Medio Ambiente con múltiples actividades, entre elas a creación dun retallo natural, cun eslogán a favor do coidado da natureza e un circuirto E-téxtil.

Na clase de 1º E.P. fomos o leolab a traballar cun make-make sobre a reciclaxe, cunha persoaxe de protagonista moi coñecida xa para nos, como era octoplástico.











Finalmente o eslogán elexido foi "Coida o planeta é o único fogar que temos", iluminamos esa casa co circuito E-téxtil e cada un dos alumnos/as decorou a casa do planeta terra.




5.6.24

Día do Medio Ambiente_1° ciclo EP

O 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente e os nenos e nenas de 1° e 2° de Primaria desprazámonos ata o areal de Camelle para participar nun programa de concienciación e limpeza medioambiental organizado pola Asociación Mar de Fábula.
Recollemos unha morea de lixo que o mar botou fóra e despois fomos ata o local da Asociación para facer as nosas creacións artísticas.
Agradecer a Virginia e a Aitana por acompañarnos e contarnos tantas cousas interesantes. 

Picade nesta imaxe para ver máis fotos da xornada.