11.10.24

Aniversario Lector: Olivia (2ºB)

Primeiro Aniversario Lector do presente curso dentro do programa Lectura e Familias.
Nesta ocasión visitounos a nai de Olivia para facer unha lectura compartida do conto Corre, corre cabaciña da escritora Eva Mejuto. 

Grazas por vir e participar! Encantounos!

Moitos parabéns Olivia!







2.10.24

2ºB/3º EP_ESTREAMOS AULA!

Xa vai setembro fóra e quereremos amosarvos algunha imaxe dunha actividade artística que fixemos neste tempo. 

Este curso cambiamos de aula e decoramos a porta cun mural facendo a nosa versión da obra de arte de Kandinsky "A árbore da vida". Quedounos así de alegre, diversa e colorida.