28.2.20

Día de Rosalía

Hoxe celebramos o Día de Rosalía cunha longa mesa cargada de "libros migratorios" e unha cesta chea de marcapáxinas que o alumnado encheu de cor para compartir entre iguais.
Cada alumno/a elexiu o libro que con el/a migraba e un marcapáxinas de Rosalía.
Fermosa actividade, encantounos!
Podedes ver as imaxes do día premendo no seguinte enlace:

Día de Rosalía 2020





21.2.20

Ciencia por un tubo: Vacinas 1º e 2º

Hoxe celebramos o noso desfile de entroido pola vila de Malpica.
O alumnado de 1º e 2º disfrazámonos, seguindo o PDI que este trimestre está adicado á ciencia, de vacinas.
O desfile estivo formado por 15 parellas de xiringas e monodoses facendo unha homenaxe á figura de Isabel Zendal e a Expedición da Vacina da Varíola.
Seguiredes sabendo máis dela, xa que estamos preparando biografía e canción final arredor desta gran muller e a súa contribución na erradicación da varíola para a semana do 9 ao 13 de marzo (Semana das Mulleres Científicas)
Para ver as imaxes do día picade no seguinte enlace:

Entroido 2020

14.2.20

Día do Amor e da Amizade (2º)

Hoxe celebramos o Día do Amor e da Amizade facendo un corazón xeométrico no que escribimos os nomes daquelas persoas que ocupan o noso corazón.
No laboratorio de cociña e grazas á froita fixemos un corazón xeométrico moi, moi doce!
Picando no seguinte enlace poderedes acceder ás imaxes do día:

Feliz Día do Amor e da Amizade!



 

13.2.20

Investigamos sobre animais na BE

Estamos aprendendo moito sobre os seres vivos e hoxe visitamos a nosa Biblioteca Escolar para buscar información sobre os animais mamíferos, as aves e os peixes. 
Velaquí algunhas imaxes do alumnado de 1º de primaria investigando nos libros de consulta. 






1.2.20

Flora, a esquelete da aula de 1º


Para rematar o proxecto de traballo sobre o corpo humano e a alimentación, na Área de Ciencias da Natureza, gravamos este vídeo cun poema colectivo que inventamos sobre Flora, a esquelete que nos fixo compañía  na aula durante todo este tempo.





18.1.20

Tangram

Na aula de 1º xogamos co Tangram para practicar conceptos matemáticos como as figuras xeométricas.


17.1.20

Laboratorio de Ideas-Reciclando con SOGAMA (2º)

Hoxe os/as compañeiros/as de 6º viñeron a falarnos da reciclaxe, pois recibiron obradoiros de formación dentro do programa "Recíclate con SOGAMA" do Plan Proxecta.
Dende  xa, imos poñer en práctica o aprendido con eles e no Laboratorio de Ideas (reciclaxe) e aplicar as 3R: Reducir, Reutilizar e Reciclar.
Picando no seguinte enlace poderedes ver as fotos.

Recíclate con SOGAMA



23.12.19

Laboratorio de Cociña 1º

Quixemos rematar o trimestre visitando o laboratorio de cociña para elaborar unha árbore de Nadal comestible xa que empregamos froitas variadas. Manter unha alimentación saudable, co consumo diario de froita e verdura axudaranos a medrar sans e fortes. Divertímonos no proceso e puxémonos as botas de froita bañadas cun chisquiño de xirope de chocolate.

Boas e saudables festas!!













20.12.19

Bo Nadal! (2º)





Fin proxecto cómic: comunicando! (2º)


Terceiro Laboratorio de Son (Radio Balea)

Dende finais de novembro e este curto mes de decembro o grupo 1 estreou un novo programa: Musicadoiro.
A sección que iniciou esta estrea foi "Bulimos nas ondas" adicada á música infantil galega e, especialmente, a Paco Nogueiras.
Temos que felicitar pola súa motivación e paciencia, de entre os tres grupos que este primeiro trimestre pasaron polo laboratorio de son, a este último grupo; xa que tivemos problemas técnicos varios en Radio Balea que nos impedían gravar no estudo, polo que os máis pequenos usamos as gravadoras para emitir o indicativo da nosa radio, as cuñas e as ráfagas emitidas; namentras os maiores tentaban locutar o programa.
Finalmente, Musicadorio: Bulimos nas ondas puido emitirse no día de hoxe como presentación do concerto que Paco Nogueiras nos ofreceu.
Deixámosvos o programa completo e as fotos que puidemos facer (picando na imaxe accederedes ao álbum de fotos)



https://photos.app.goo.gl/wJqsPvYiRwoUJP9Q9

18.12.19

Saída 1º trimestre: cine e radio

Como peche do 1º trimestre, no día de hoxe, realizamos unha saída que nos achegou a dous medios de comunicación: o cine e a radio.
Comezamos cunha sesión de cine compartida con E.I, e 3º de E.P.; xa que o cine foi unha saída para todo o colexio, un día de convivencia que nos encantou!
Despois de merendar visitamos Radio Voz para coñecer un estudo de radio que emite en directo.
Agradecer a amabilidade de Fran Rodríguez, que nos ensinou o seu traballo detrás do micrófono e na mesa de son. 
Picando na foto accederedes ás imaxes do día.



Obradoiro Makey Makey (2º)

A Asesoría de Bibliotecas Escolares concedeu a todos os centros que participamos no Plan LIA2, unha sesión de formación para o alumnado dentro da Biblioteca Creativa.

Entre os obradoiros ofrecidos, todos moi interesantes, nós escollemos E-Téxtiles, que consiste na creación de circuítos en papel e en téxtiles.




O venres pasado fixemos este obradoiro da man de Paola Guimeráns , unha das maiores expertas neste campo, e organizouse en tres sesións para distintos grupos:


- Makey makey: o alumnado de 2º de primaria utilizou o makey makey para facer un xogo en Scratch. Paola contoulles unha historia sobre un lobo, e uns animaliños escondidos na granxa ós que tiñan que ir descubrindo. Para poder escoitar e recoñecer a cada animal utilizouse o makey makey e circuítos con adhesivo de cobre.

                                 FOTOS

- Circuítos e papel: o alumnado de 4º de primaria realizou unha postal de Nadal, para iso construíron un circuíto sobre papel utilizando adhesivo de cobre, unha batería e luces leds. As postais quedaron moi bonitas e foi increíble a forma en que aprendían a base de facer e de errar, e ver como entre eles axudábanse para que todos os circuítos funcionaran.

                                 FOTOS


- Circuítos e téxtiles: na última sesión de formación , o alumnado de 5º de primaria creou un adorno para árbore de Nadal. Utilizaron un trociño de fieltro no que construíron un circuíto utilizando fío conductor para coser, e engadiron luces leds e adornos. Todos utilizaron a agulla perfectamente, axudáronse mutuamente  e a base de aprender facendo e colaborando, todos conseguiron levar a súa obra para casa con moita emoción.

                                 FOTOS

Nas tres sesións destacou a colaboración entre o alumando, que tivo un papel moi activo, e a alegría de construir algo verdaderamente significativo para eles.


Foi un enorme pracer ter a Paola Guimeráns no noso centro. Moitísimas grazas por todo!!!!