Aquí están as imaxes das familias lendo na casa como complemento ás actividades que propuxemos para celebrar o Día do Libro 2020.
Esta data que é tan nosa e na que disfrutamos sempre de compartir lecturas, este ano foi... diferente.
Pero non deixamos de ler!
Grazas por compartir con nós unha parte da vosa intimidade e abrirnos unha fiestra as vosas casas.
30.4.20
23.4.20
Feliz Día do Libro 2020
23.4.2020
2.4.2020
GRAZAS pícaros/as e familias pola vosa colaboración para que puidesemos crear este fermoso video celebrando o Día do Libro Infantil e Xuvenil (LIX).
Con todo o noso cariño para VÓS, Susana e Fátima.

Etiquetas:
1º,
2019-20,
2º,
cuarentena,
Día do Libro
22.4.20
Día do Libro 2020
O vindeiro xoves 23 celebraráse o Día Internacional do Libro.
Ese que daba comezo ao noso Mes das Letras. Lembrades o ano pasado cando enchimos Malpica de Libros e carabeis? E outros anos coa actividade de Padriños e madriñas lectores?....
Pois este ano imos tamén celebrar. Doutro xeito, si. Pero imos celebrar!
Velaí a nosa proposta:
Imos comezar nós, os profes, agasallandovos un video con fotos nosas nas nosas casas lendo e... facendo outras cousas. Porque queremos que nos vexades e saibades de nós e dicirvos que VOLVEREMOS ABRAZARNOS! E, despois, tocarávos a vós. Fixádevos que as actividades teñen data final. Animádevos! Temos ganas de vervos! E de ver os vosos traballos que sempre, sempre consiguen sorprendernos. As fotos podedes envialas polas canles que xa tendes establecidas con cada profe, ou ao correo de Leo (bemilladoiro@gmail.com) Pensade que, agora, anque non é doado, todos estamos facendo algo moi importante: coidarnos e coidar dos demáis. Así que....

Queda na casa
...lendo!
Agardamos as vosas fotos!
19.4.20
Carta ás familias. Instrucións terceiro trimestre
Queridas familias:
O pasado venres, ás sete e media da tarde chegou ao correo do centro unha comunicación do noso inspector. Nela, sen outro contido, achegaba as orientacións provisionais para o desenvolvemento do 3º trimestre do curso 2019-2020. Premendo enriba del podedes lelo directamente na páxina da xunta de primeira man.
Nas devanditas orientacións non hai nada novo para nós: a avaliación farase continua (tal e como figura na lexislación vixente e nunca foi doutra maneira), a repetición de curso será algo excepcional (xa ten esa consideración na lexislación vixente)…
No final do curso, o profesorado emitirá un informe de cada escolar (exactamente como se viña facendo ata o momento porque así o contempla a lexislación vixente).
Tal e como se indicaba nas anteriores instrucións para o confinamento: as actividades que se propoñan ao alumnado serán de recuperación, repaso e reforzo do traballado presencialmente. As tarefas serán globalizadas, interdisciplinares e integradas…. Ben sabedes que así é como estamos traballando desde o comezo.
Lido o texto quédannos preguntas. Moitas preguntas. Para as que non temos respostas.
Agardamos da nosa Consellería que, en cumprimento das competencias que lle outorga o Estatuto de Autonomía de Galicia, tome as decisións necesarias para guiarnos claramente cara un fin de curso nas mellores condicións posibles.
Lede o documento. Iso é todo. Sabemos o mesmo ca vós.
Xa sabemos que vos gustaría ter certezas e seguridades. Tamén a nós.
Agardamos todos polas indicacións da Sra. Conselleira.
Indicacións que vos achegaremos en canto obren no noso poder.
Mentres tanto: apertas, azos e saúde.
A Dirección.
15.4.20
Pautas confinamento
Ola familias, compartimos unhas pautas de afrontamento para reducir o impacto psicolóxico do confinamento. Esperemos que vos axuden, ánimo e forza!
Etiquetas:
1º,
2019-20,
2º,
cuarentena,
pautas,
psicoloxía
14.4.20
Inicio 3º trimestre
Carta da dirección do CEIP Milladoiro ás familias, redactada o domingo 12 de abril de 2020 e publicada o mesmo día na web do centro.
Queridas familias: agardamos que todos gocedes de boa saúde.
Como ben sabedes, o vindeiro martes 14 de abril comeza o terceiro trimestre do presente curso 2019/20. E reanudaremos a actividade académica, propiamente dita, con todo o noso alumnado.
Sabemos o difícil que está a ser facer escola sen estar na escola Sabemos que os nenos e as nenas necesitan o ambiente motivador das aulas para seguir aprendendo… e que esta situación énchenos de incertezas e inseguridades porque temos máis preguntas que respostas.
Pero tamén sabemos que somos xente afouta e que neste momento o realmente importante é conservar intacta a esperanza, o ánimo e os vínculos que nos enlazan sexan estes familiares, profesionais ou simplemente… de afecto. Empregar o tempo en fortalecelos será un capital que levaremos con nós toda a vida. Sobre todo os nenos e as nenas.
A Consellería, que en todo este período non se caracterizou por manternos informados, segue na súa líña. De maneira que, hoxe domingo, non temos directrices para o desenvolvemento profesional do noso labor.
Sabemos que o vindeiro mércores haberá unha reunión sectorial da Ministra Celaa cos conselleiros das disferentes CC.AA. e pode ser que os seus acordos sexan trasladados a Galicia polas nosas autoridades educativas. Pode. En calquera caso, terémosvos informados.
De momento: o martes o profesorado colgará novas tarefas primando contidos procedimentais e actitudinais sobre os conceptuais.
Tende a seguridade de que vos estamos a trasladar puntualmente canta información nos chega das autoridades educativas e así o seguiremos a facer.
Apertas, azos, saúde e moita esperanza!
A Dirección
2.4.20
Dia do Libro Infantil
Ola pícaros/as e familias!
Hoxe celebramos o Día do Libro Infantil!
E para celebralo queremos convidarvos a que nos enviedes imaxes ao correo do blogue co voso libro favorito.
Comezamos nós, as titoras, para animarvos a enviarnos esas imaxes nas que poidamos vervos, xa que vos botamos moito de menos (que non falten os sorrisos nesas imaxes)
Eleximos os libros que contamos para Radio Balea dentro do programa Que me contas? Contos de Leo: Pilú Pilú e Crocodilo namorado.

ANIMÁDEVOS, QUEREMOS VERVOS!
Gianni Rodari e proposta literaria
Este Día do Libro Infantil está dedicado a un dos nosos autores de cabeceira: Gianni Rodari.
Sabemos que nos chega esta celebración nun momento de moita incerteza pero... as dificultades pódense convertir tamén en oportunidades e foi moito o que Rodari nos ensinou sobre como xogar coas palabras e a imaxinación.
E moitas das súas propostas son moi acaídas para facer en familia. Por exemplo calquera das propostas que nos fai na Gramática da fantasía algunhas das cales entresaca a prestixiosa Revista Babar
Que tal un binomio fantástico?
Escolle dúas palabras ao azar. Podes, mesmo abrir o diccionario ao chou un par de veces e sinalar co dedo... onde caia!.
Unha vez escollidas.... pensa: onde? como? con quen? que? como remata? Agora, escríbeo!
Ademáis de divertirte moito (sobre todo se escapas do realismo e acudes ao non sense ou literatura do absurdo) seguirás enchendo o teu Caderno de Confinamento
Ah! Que non o comezaches aínda? Pois.... a que agardas para facelo?

23.3.20
CARTA DOS/AS MESTRES/AS
Queridos/as
nenos/as e familias:
Os/as
mestres/as tamén estamos na casa, os/as mestres/as tamén somos pais/nais, os/as
mestres/as tamén temos familias, os/as mestres/as somos uns/unhas máis das
moreas de persoas que debemos quedar na casa nesta cuarentena que nos toca
vivir.
Hoxe
sabemos que a obriga de QUEDAR NA CASA vaise alongar, polo que queremos que
teñades presente que seguimos aquí: ao outro lado da rede, a través do correo picarosmilladoiro@gmail.com e o
noso blogue www.picarosmilladoiro.blogspot.com,
porque queremos que saibades de nós, porque queremos saber de vós (como
estades, que facedes, como levades estar na casa…)
As
tarefas escolares, nestes momentos que estamos a pasar, non son o máis
importante. O realmente importante é que nos coidemos e coidemos dos demais
quedando na casa, como superheroes e superheroínas con capa vermella pois xa
temos aos superheroes e as superheroínas con capa verde nos hospitais, nos
laboratorios, nas carreteras transportando o que precisamos, nos supermercados
e pequenos comercios de alimentación, nas rúas velando pola nosa seguridade…,en
definitiva fóra das súas casas para que nós os das capas vermellas poidamos
quedar na casa.
Non
esquezades que o que vaiamos publicando no blogue, a parte da pestana de
recursos de 1º e 2º que serve para repasar contidos, ten como finalidade darvos
ideas para o día a día, NON SON DEBERES, NON SON TAREFAS PARA AVALIARVOS son propostas,
axudas para ocupar o noso tempo diario e seguir imaxinando, creando e crecendo
en corpo e mente. Sempre dentro das vosas posibilidades, pois sabemos que non
todos contades cos medios tecnolóxicos para poder acceder aos contidos. Por
iso, pedimos as familias que teñan contacto con outras familias que non conten
cos recursos, que ofrezan a súa axuda a
través dos medios dos que dispoñan (grupos de wasap ou outros medios non
presenciais, pois debemos evitar todo contacto con outras persoas alleas as nosas
casas)
Organizamos
o blogue para que nas pestanas superiores piquedes e accedades rapidamente a
aquelo que vos interese ver. A primeira pestana e a máis importante é a nomeada
como NÓS, nesta páxina iremos publicando, coa vosa autorización, todo o que nos
enviedes ao correo (imaxes de actividades feitas, audios, escritos…) porque vós
sodes os protagonistas do voso blogue.
Como
mestres/as querémosvos pedir que sexades felices cada día, dende que espertamos
ata que nos deitamos. Recordade espertar cada mañá cun sorriso que vos encha de
felicidade a vós e aos vosos.
A
normalidade voltará, e con ela veremos que saímos da casa máis fortes ca nunca.
Forza
superhéroes e superheroínas de capas vermellas e recordade cada día un sorriso,
este será o noso superpoder.
TODO SAIRÁ BEN!
Apertas
agarimosas e biquiños mil dos/as vosos/as mestres/as de 1º e 2º.
21.3.20
Día da Poesía. Proposta BE Milladoiro.
Hoxe é o Día da Poesía,e... esta é a nosa proposta.
Para os que vos animedes a facela, se despois queredes compartir imaxes do que fixéchedes, ou arquivos de audio co poema escollido....
estaremos encantados de publicalo!
Por se precisades algún poema, deixamos o enlace ao blog de Antonio García Teijeiro
Felices poemas!
20.3.20
Emocionbots de Alejandro e Ismael
18.3.20
CONTACTADE CON NÓS
Bo día pícar@s!
Un día máis tedes publicada unha nova creación que desenvolver nos vosos laboratorios caseiros: a caixa misteriosa, ideada pola mestra Susana.
Recibimos moi emocionadas o Emocionbot de Marco García que podedes ver na imaxe e animámosvos a que nos enviedes imaxes, escritos e todo aquilo que vos apeteza compartir cos/cas compañeiros/as e co profesorado.
Non podemos vernos, nin abrazarnos, máis seguimos aquí ao outro lado do ordenador, tablet ou móbil e queremos saber de vós.
O que queirades compartir con nós, dúbidas tamén, enviádeo ao email do noso blogue:

![]() |
| Emocionbot de Marco García (1º) |
Non podemos vernos, nin abrazarnos, máis seguimos aquí ao outro lado do ordenador, tablet ou móbil e queremos saber de vós.
O que queirades compartir con nós, dúbidas tamén, enviádeo ao email do noso blogue:
picarosmilladoiro@gmail.com
Ánimo, que todo sairá ben!
Apertas de todo o equipo docente!
17.3.20
Educación Física: SEGUIMOS CO PLAN!
SEGUIMOS CO PLAN!!!
OLA A TODOS E A TODAS!!
Achego unha sesión máis para todos aqueles que estedes facendo un pouquiño de exercicio na casa!
Estades convidados a subir algunha foto,realizar comentarios ou compartir dúbidas.
Ahí vai!
1ª PARTE.
- Rutina de quencemento que os nenos xa coñecen.(Movilidade articular).
Elevamos a activación: Faremos (en función do espazo que teñamos) saídas en velocidade da seguinte maneira:
- Deitados boca abaixo, levantarse e correr ata a referencia que lles marquedes.
- Deitados boca arriba igual.
- Sentados coas mans levantadas.
- Dende a posición de cuclillas.
- Dando saltiños dende a posición e saída cando lle indiquemos.
2ª PARTE:
Podemos facerlles un pequeno percorrido utilizando distinto material que temos na casa, tipo carreira de obstáculos:
- Pasar por debaixo dunha silla, saltar unha caixa, reptar polo sofá, saltar a pata coxa, desprazarse cara atrás, pisar sobre unos posa vasos aumentando a distancia (ou papeis) onde só poden pisar sobre eles etc. é cuestión de poñerlle imaxinación e adaptarse as cousas que temos a man.
3ª PARTE: (Para xogar con eles)
1,2,3 PLAS/ 1,2,3 ESCONDITE INGLÉS OU PALOMA BRANCA-PALOMA NEGRA. LIGAZÓN:
BRUXA MANDA COR. Decímoslles: Bruxa manda cor… e dicimos unha cor que haxa na sala, o neno ou nena ten que saír correndo a tocar esa cor no menor tempo posible ou a bruxa poderá collelos. Tamén podemos cambiar os papeis e que no lo digan eles a nós, pode ser divertido.
VOLTA Á CALMA:
Reproducimos o nacemento dunha planta.
O neno está no chan en posición fetal, e lle imos guiando dicíndolle:
A semilla estálle dando o sol , agora vouna regar ( e facemos simbólicamente o xesto dunha regadeira)
Daquela o neno ou nena moi lentamente vaise incorporando, sentado, levantándose (a modiño) abrindo os ramas (brazos) e as flores (mans), cando a planta xa está completa, o sol marcha e vaise marchitando pouquiño a pouco ( dedos, mans, pulso, brazos, corpo, cabeza…. Como derritíndose) unha vez rematen, permanecen un par de minutos no chan notando a respìración e o movemento do peito que sube e baixa.
Veña, a moverse!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)