"Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño", Mahatma Gandhi.
30.1.23
23.12.22
1º EP_FELICITACIÓN DE NADAL
21.12.22
2ºEP - Boas festas!
Boas a todos e a todas!
Despedimos este primeiro trimestre cunha selección de fotografías de todos os adornos de Nadal que viñemos facendo estes días.
Pica na seguinte imaxe para velas!
Boas festas e bo comezo de ano!
16.12.22
1º EP_Galletas polo Nadal
Hoxe acudimos ao laboratorio de cociña para elaborar unhas deliciosas galletas de manteiga con formas navideñas.
Pica na imaxe para acceder a máis fotos da galería.
15.12.22
2ºEP - Cociña de Nadal
12.12.22
1º e 2º de EP_Obradoiro Adornos de Nadal
A pasada semana o alumnado de 1º e 2º de Primaria participou nun obradoiro de reciclaxe creativa impartido polo colectivo LIMPOCEAN, asociación sen ánimo de lucro que ten como obxectivo reducir o impacto ambiental do lixo que hai nos océanos e mares.
Aproveitando que estamos ás portas do Nadal os nenos e nenas crearon esta fermosa árbore colectiva reutilizando residuos plásticos e outros materiais.
Pica na imaxe para acceder á galería de fotos.
7.12.22
1º e 2º EP - Un novo adorno robótico
Boas a todos e a todas!
Seguimos traballando a alfabetización informática a través da programación gracias a un obradoiro impartido pola profe Marta.
A pasada semana tivemos un novo achegamento coas placas Micro:bit.
Durante esta sesión formativas coñecimos a linguaxe de programación a través da plataforma Makecode (moi parecida a Scracht) e configuramos cada placa con luces leds e mensaxes ("Bo Nadal de parte de 1º e 2º de primaria"). Esta placa fará de adorno para a árbore de Nadal do centro.
O programa que empregamos deixámolo no seguinte enlace, por se algunhas das peticións aos Reis Magos é un kit Micro Bit para seguir aprendendo e creando.
Pica na imaxe para ver máis fotografías da actividade.
1.12.22
2ºEP - Cociña de Nadal
25.11.22
2ºEP - 25 N: Ás contra a violencia
Boas a todos e a todas!
Ao longo desta semana, viñemos traballando arredor do Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro).
Partindo do libro Artur e Clementina de Adela Turin vimos que a violencia non só queda reducida ao maltrato físico, se non que tamén existen outros tipos de violencia. A partires disto, fomos facendo unha choiva de palabras contrarias á violencia, as cales escribimos nunhas plumas para crear estas ás que simbolizan a liberdade de dereitos, de oportunidades …
Pica na imaxe para ver máis fotografías da actividade.24.11.22
1º e 2º EP - TEATRO: Iriña Bailarina
No día de hoxe, @s nen@s de E. Infantil, 1º, 2º e 3º de E. Primaria acudiron ao Centro Cívico para desfrutar da actuación de Teatro Ghazafelhos con Iriña bailarina.
Unha obra baseada no libro, de mesmo título, de Cristina Justo e Paloma Rodríguez. Exemplar editado por Embora dentro da colección "A igualdade conta" para dar tratamento á igualdade de xénero e aos estereotipos sociais. Premendo na imaxe accederedes ao exemplar rexistrado no catálogo da nosa Biblio.
Agradecemos á ANPA Ventorrillo a xestión e organización dunha actividade complementaria que nos permite seguir dinamizando cultura, educando en valores de vida... porque seguimos querendo cambiar o conto.
Leo.
23.11.22
1º e 2º EP - Lúa quere viaxar a Marte.
Boas a todos e a todas!
Onte tivemos a visita de Celtia Figueiras (produtora, directora, actriz e escritora) de A Xanela do Maxín, quen nos trouxo un espectáculo de monicreques sobre o conto Lúa quere viaxar a Marte (neste enlace podedes volver a escoitar ou descargar o audio-conto).
“Despois de dar a volta ao mundo, Lúa
sorprende a familia e as amizades cunha gran nova: agora quere ir a Marte!
Malia todos os atrancos e dificultades, Lúa non está disposta a renunciar ao
seu soño de ser astronauta e fará todo o posible para logralo e poder viaxar ao
planeta vermello”.
Unha gran historia e unha boa actividade para fomentar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
Pica na imaxe para ver máis fotografías da actividade.
2º EP - Nós... tamén escribimos!
Boas a todos e a todas!
A pasada semana, Leo deixounos un escrito para animarnos a que, de aula en aula, escribísemos unha historia arredor de Galicia onde a máquina de escribir fose a ferramenta empregada.
Sen medo a errar, como ela nos di, puxémonos mans á
máquina para seguir a historia que xa comezaran os nosos compañeiros e
compañeiras de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria…
14.11.22
2ºEP - Emocionómetro
Boas a todos e a todas!
Ao longo deste trimestre, na área de Valores Sociais e Cívicos, viñemos traballando arredor das emocións.
Para iso, empregamos o libro El emocionómetro del Inspector Drilo de Susanna Isern, onde fomos descubrindo cada unha das emocións a través dos casos deste inspector tan particular.
Pica na imaxe para ver máis fotografías da actividade.
10.11.22
MELGA_1º e 2º EP
Hoxe realizamos a primeira saída escolar do curso ao MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia), en Ponteceso. Tivemos unha visita guiada da man do seu fundador: Ricardo Pérez y Verdes, un home entusiasta que nos ensinou parte dos 4.000 xoguetes que alberga o museo e algún que outro xogo.
Foi unha xornada que disfrutamos moito, moi divertida e didáctica.
Preme na imaxe para acceder a galería.
7.11.22
EDUsaúde_1º e 2º de EP
Bo día,
Na xornada de hoxe o 1º ciclo de primaria participou nun obradoiro sobre saúde e boas prácticas nutricionais enmarcado no Contrato Programa INNOVA_EDUsaúde
Deixámosvos algunhas imaxes do día.
Pica para acceder á galería
















