30.1.21

1º de EP - Contos valorados, lecturas compartidas para a Semana da Paz (Laboratorio Documental)

Bo día a todos e a todas!

Aquí vos deixo o produto final que elaborou o alumnado de 1º de Educación Primaria para a Semana da Paz. Dentro do Laboratorio Documental, creamos un videoconto do libro Avós.

Avós invítanos a atopar a beleza a través dos ollos do amor, amosándonos todo o cariño que pode existir cando o corpo murcha e descúbrenos as vantaxes de vivir cun sorriso nos beizos.

Amor, comprensión, empatía, aceptación... son moitos dos valores que se traballan a través da historia de Manuel e Manuela.


Ademais desta actividade, tamen aproveitamos para reforzar a formación de usuarios da biblioteca, coñecer a organización e os diferentes espazos dentro da mesma, e a identificación dos libros. Así mesmo, colocamos na exposición exterior da biblioteca o libro traballado, indicando os valores tratados e o código QR que redirixe ao produto realizado.



Ningún comentario: