18.5.21

Visita sorpresa en 2º de Primaria

Hoxe recibimos unha sorpresa moi agradable. A inesperada visita da que foi a nosa titora en 4º e 5º de Educación Infantil: a profe Vero.

Estivo un ratiño con nós falando no patio durante o recreo e logo achegouse á aula na Hora de Ler. Dounos un agasallo que nos encheu de ilusión e aproveitamos que estamos lendo O lapis de Rosalía para amosarlle o ben que lemos cada un de nós.

Grazas Vero. Volve pronto!


2 comentarios:

Verónica dixo...

Ola. Foi un inmenso pracer vistarvos, ver o grandes que estades e o ben que ledes. Álegrome que vos gustara o agasallo. Espero volver vernos pronto. Un biquiño e apertas para todos e todas.
Verónica.

O Chibón Azul dixo...

Ola. Foi un pracer enorme ver o grandes que estades e o ben que ledes. Álegrome que vos gustara o agasallo que vos levei.
Un biquiño e apertas para todos.
Espero volver vervos pronto.
Verónica.