Boas a todos e a todas!
Na xornada de hoxe, o alumnado de 6ºEI, 1ºEP e 2ºEP, desfrutou da visita ao Ecomuseo Forno do Forte situado en Buño. Alí, repartímonos en dous grupos para poder realizar a visita guiada, da man de Lola, e o obradoiro de barro, da man do oleiro Tonio.
Lola ensinounos como vivían as persoas nas diferentes casas que conforman o museo, que durmían nunha mesma habitación ata doce persoas, que non había baño nin auga corrente... vimos as lareiras, os fornos para o pan, como conseguían o barro e o gran forno para cocer as pezas elaboradas. Todo isto nunhas pequenas casas de pedra con solos de madeira que hai que pisar lixeiriños.
Por outra banda, Tonio mostrounos como traballar o barro e axudounos a elaborar as pezas que levaremos para casa dentro dunhas semanas.
Foi unha visita que nos encantou e que desfrutamos moito!
Para ver as imaxes da actividade pica na seguinte fotografía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario