Hoxe celebramos o Día do Libro cunha lectura polas rúas de Malpica e engadimos un pícnic saudable, con galletas de avea feitas pola clase de 1º e 2º E.P. e batido de froitas elaborado na clase de 1º E.P. Fumos ata o mirador da Atalaia, lugar que moitos nenos e nenas non coñecían, ata o porto, a fonte do Concello e a praia, unha gran xornada de lectura, onde tamén poidemos facer unha fotos preciosas que podedes ver premendo no seguinte enlace: Día do Libro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario