30.1.25

Paraugas pola paz_2ºB/3º EP

Polo DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ a nosa aula quixo sumarse a actividade de RETOS POLA PAZ que consistiu en crear un paraugas colectivo que tivese un poder máxico; un poder que faga deste mundo un lugar mellor, inspirándonos no conto O ladrón de paraugas. 

Convidamos ao alumnado de 2º de Primaria do CPI As Revoltas a colaborar nesta iniciativa os cales aceptaron con moita ilusión. Para formalizar o intercambio de paraugas, ao mesmo tempo que nos coñecíamos, programamos para o día de hoxe unha videochamada. 

O noso paraugas laranxa é o paraugas do RESPECTO e a CONVIVENCIA. 

Ademáis do paraugas colectivo, cada neno e nena de ambos centros coloreou o seu propio paraugas e asignoulle o poder que quixo. 

Podedes ver máis fotos do acto premendo neste enlace: PARAUGAS POLA PAZ

          





Reto pola Paz (1º E.P.)

 

Retos pola Paz_2024-25 de bibliotecamilladoiro

Este ano a actividade polo Día da Paz, consistiu en enviarlle a outro cole un "Reto pola Paz" e a clase de 1º E.P. porpúsolle o reto anterior á Escola de Bértoa pertencente ao  CRA Ponte da Pedra de Carballo. Tiñan que ler o conto "O ladrón de paraugas" e crear o seu propio paraugas que axudara a todos os nenos e nenas do mundo. Onte para conmemorar o día da non violencia e a paz realizamos unha videoconferencia coa escola da Bértoa para compartir os diferentes paraugas que creamos nos dous centros e ademais propuxéronos eles un reto polo paz, que consiste en cantar unha cantiga propia da nosa zona e enviarlles o vídeo. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: retos pola paz.



27.1.25

Aniversario Lector_2ºB

Último aniversario do mes na nosa aula. Desta vez é Pedro quen fai anos e veu a súa nai compartir un conto con tod@s nós. Un conto moi chulo que non coñecíamos. Trátase de El largo viaje de Nanuc, de Toni Cabo. Gustounos moito, sobre todo a sorpresa final da carta. 

Moitas grazas pola visita e MOITOS PARABÉNS, PEDRO! 







21.1.25

Aniversario lector_Andrea 3º EP

Na nosa aula hoxe volvemos a estar de celebración xa que Andrea fai 9 anos. Achegouse a súa nai ao cole para compartir con tod@s nós un marabilloso conto titulado Canto máis longa sexa a espera maior será o abrazo de Eoin Mclaughlin. Encantounos!

Moitos parabéns Andrea e moitas grazas mami por vir! 








16.1.25

Aniversario Lector_Emma 3º EP

Xaneiro é para a nosa aula un mes cargadiño de anivesarios. O primeiro en celebrar é Emma que xa cumple 9 anos. Quixo facelo traendo ao cole ao seu avó e xuntos léronos este fermoso conto: Crocodilo namorado de Daniela Kulot. Encantounnos. 

Grazas por vir! e...MOITOS PARABÉNS, EMMA!!





Educatribu: horticultura

 O pasado mércores todos os alumnados do centro tiveron un Educatribu de horticultura impartido por Belén, nai dos alumnos Pedro e Pablo. Previamente preparan o terreo co o alumnado de 3º ciclo de Educación Primaria e onte os alumnos máis pequenos plantaron fresas, estamos desexando poder facer ricas receitas con elas. Moitas gracias a todas as familias participantes neste programa que nos axudan a enriquecer as prácticas diarias. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: horticultura.