Retos pola Paz_2024-25 de bibliotecamilladoiro
Este ano a actividade polo Día da Paz, consistiu en enviarlle a outro cole un "Reto pola Paz" e a clase de 1º E.P. porpúsolle o reto anterior á Escola de Bértoa pertencente ao CRA Ponte da Pedra de Carballo. Tiñan que ler o conto "O ladrón de paraugas" e crear o seu propio paraugas que axudara a todos os nenos e nenas do mundo. Onte para conmemorar o día da non violencia e a paz realizamos unha videoconferencia coa escola da Bértoa para compartir os diferentes paraugas que creamos nos dous centros e ademais propuxéronos eles un reto polo paz, que consiste en cantar unha cantiga propia da nosa zona e enviarlles o vídeo. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: retos pola paz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario