Hoxe celebramos o Entroido no cole Milladoiro: un entroido... do máis natural! en relación co PDI que nos ocupa no presente curso.
Axolotes de moitas cores para vivir un Entroido no que a natureza foi protagonista.
Feliz Entroido 2025 a tod@s!
Axolotes de moitas cores para vivir un Entroido no que a natureza foi protagonista.
Feliz Entroido 2025 a tod@s!
No Entroido, ademais da aula multisensorial, tamén experimentamos coa técnica chroma na aula audiovisual. Técnica na que empregamos un fondo verde para superpoñer imaxes e realizar unha montaxe, polo que se imos vestidos con cores verdes... volvémonos invisibles! (algo que nos pasou a máis de un/unha coas cores verdes do noso disfraz)
No día de hoxe, viñemos ao cole co noso disfraz favorito e non podiamos perder a ocasión de gardar, en formato imaxe, os nosos gustos e preferencias de Entroido: policías, monstros, personaxes de animación infantil, de conto...
Un Entroido diverso e colorido que mañá, venres 28 de febreiro, remataremos co noso desfile polas rúas de Malpica: un entroido... do máis natural!
Celebramos o Día de Rosalía reproducindo na plantilla-pandeireta, facilitada polo equipo de BE-DL, unha copla do "Maneo de Mens" que tamén gravamos en Radio Balea para o vídeo da actividade de centro en relación co PDI que nos ocupa.
Ao tempo, organizamos a recolleita de poesía popular realizada entre as familias da nosa aula resultando outro produto final co cal podemos seguir investigando e aprendendo.
Grazas a todas as familias pola súa colaboración e... feliz Día de Rosalía, hoxe e todos os días do ano!
O pasado venres 21 de febreiro o alumnado de 2º, 3º, 4º e 5º de educación primaria desprazouse ao polígono de Bértoa en Carballo onde se celebrou a carreira de cross intercomarcal da zona de Bergantiños.
Esta carreira encádrase dentro do PVAD (Proxecto de vida activa e deportiva) na modalidade XOGADE sostida con fondos da XUNTA onde o centro participa por medio deste Plan Proxecta.
A carreira contaba cun total de 978 deportistas repartidos entre as distintas categorías (dende cadete feminino e masculino ata benxamín feminino e masculino).
Dende o CEIP Milladoiro, participamos coas categorías benxamín e alevín de ambos xéneros. O que se busca con esta iniciativa é que os nenos e nenas participen nun evento deportivo e experimenten a competición dende unha perspectiva lúdica, activa e participativa.
A resposta foi moi boa e os nenos e nenas volveron contentos e orgullosos despois de ¨competir¨ contra outros nenos e nenas da comarca. Tratábase de participar con valores, pero tamén con espírito de esforzo e superación, e así foi. Un sobresaínte para todos e todas os que se animaron a correr. Parabéns!!
Destacamos ademáis a clasificación de varios alumnos e alumnas, mellorando a clasificación do ano pasado. En benxamín feminino Alexia quedou de 3ª e Manuela de 7ª o que lles permitiu clasificarse para a final provincial. En benxamín masculino, Anxo acadou o 5º posto. En Alevín feminino Antía quedou de campiona e Clara de 13ª e en alevín masculino, Martín Martelo de subcampión.
Moitas grazas as familias polo apoio e colaboración.
Comparto a clasificación da carreira por categorías da web da Federación Galega de Atletismo:
Repetimos experiencias na aula multisensorial con recunchos de entroido: disfrazámonos, creamos, decoramos, construímos... experimentando cos cinco sentidos!
As aulas de 1º e 2ºA pasamos dúas xornadas do máis vivenciais e divertidas nun dos espazos creativos que conforman a nosa BE-LeoLab: espazos e recursos creativos ao servizo da comunidade e do currículo.
Premendo nos seguintes enlaces accederedes ao álbum de fotos de cada aula:
Seguro... repetiremos!
Presentamos un resumo audiovisual da actividade realizada, dentro da proposta de actividades do PDI de centro, para conmemorar o Dia da Non Violencia e da Paz.
Actividade na que desenvolvemos: lectura activa, reflexión, valores, creatividade e... convivencia intercentros!
Un novo reto que nos enviou Leo, a nosa serea lectora, tal e como se recolle na seguinte presentación, e que compartimos co CEIP de Tarrío (Culleredo) onde está o noso titor do pasado curso, Keko:
A imaxe fala por si soa, tal foi a emoción de realizar o reto e contactar con Keko e o seu grupo, que así o reflectimos na noticia da semana.