No Entroido, ademais da aula multisensorial, tamén experimentamos coa técnica chroma na aula audiovisual. Técnica na que empregamos un fondo verde para superpoñer imaxes e realizar unha montaxe, polo que se imos vestidos con cores verdes... volvémonos invisibles! (algo que nos pasou a máis de un/unha coas cores verdes do noso disfraz)
No día de hoxe, viñemos ao cole co noso disfraz favorito e non podiamos perder a ocasión de gardar, en formato imaxe, os nosos gustos e preferencias de Entroido: policías, monstros, personaxes de animación infantil, de conto...
Un Entroido diverso e colorido que mañá, venres 28 de febreiro, remataremos co noso desfile polas rúas de Malpica: un entroido... do máis natural!
Ningún comentario:
Publicar un comentario