Recén saído do forno chega o libro de cociña "Receitiñas Riquiñas" dos pícaros de 1ºA.
Un placer para os 5 sentidos cada unha das receitas, que con moito cariño, foron elaborando ao longo do curso os pícaros e as pícaras.
18.6.11
14.6.11
O tren do tempo
O noso tren está chegando á última estación: FIN DE CURSO!!!
Aínda nos quedan últimas novas que publicar, así que non vos perdades as entradas finais.
Polo de agora, deixámosvos o noso tren do tempo no cal viaxamos ao longo do curso polas catro estacións, os días da semana e os meses do ano.

16.5.11
2.5.11
Padriños lectores
Hoxe, celebrando o Día do Libro, gozamos moito cos nosos padriños e madriñas lectores. A todos nos gustaron moito os contos escollidos polos padriños!!!
Os pícaros de 1ºA queremos dicirlle aos nosos padriños e madriñas de 6ºA e 6ºB
Os pícaros de 1ºA queremos dicirlle aos nosos padriños e madriñas de 6ºA e 6ºB
GRAZAS!!!
19.4.11
4.4.11
Próxima saída
O vindeiro xoves 7 de abril visitaremos o Centro de Interpretación de Xogos Tradicionais "Brinquedos", que se atopa no CEIP Mosteiro de Caaveiro-A Capela e remataremos a saída na Casa do Mel en Goente.
Ademais de xogar, tamén teremos a oportunidade de visitar o "Museo do Xoguete" que teñen no propio centro e que podedes ver no seguinte vídeo.
Ademais de xogar, tamén teremos a oportunidade de visitar o "Museo do Xoguete" que teñen no propio centro e que podedes ver no seguinte vídeo.
12.3.11
3.3.11
28.2.11
19.2.11
6.2.11
Semana da Froita
Mañá comeza a "Semana da Froita" do 2º trimestre.
No 1º trimestre os pícaros de 1ºA obtivemos un diploma por comer moita froita, pois sabemos que a froita axúdanos a medrar sans e fortes.
A comer moita froita para conseguir o noso segundo diploma!!!!
No 1º trimestre os pícaros de 1ºA obtivemos un diploma por comer moita froita, pois sabemos que a froita axúdanos a medrar sans e fortes.
A comer moita froita para conseguir o noso segundo diploma!!!!
1.2.11
Día da Paz
O venres 28 de xaneiro celebramos o Día da Paz.
Os pícar@s de 1ºA cantaron e interpretaron, con coreografía incluída, unha canción infantil da República do Congo.
Ademais da canción tamén traballamos, ao longo de toda a semana, o valor da amizade chegando a pequenas conclusións que ese mesmo día, pola tarde, expresaron en público diante de todos os compañeiros do colexio.
E rematamos de festexar o Día da Paz cantando, todo o colexio a unha, "Somos el mundo".
Accederedes aos vídeos picando nos seguintes enlaces.
15.1.11
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)