11.6.19

Experimentamos con auga

No laboratorio de cociña fixemos 3 experimentos con auga para completar o último lapbook do curso e elexir un deles para o II Día da Ciencia e a Tecnoloxía.
Eleximos...a ilusión óptica coa auga! Na aula de 1º faremos maxia coas letras grazas á auga.


Visita 6º E.I.

Hoxe, na hora de ler, visitáronnos os compañeiros/as de 5 anos porque o vindeiro curso inician Primaria.
Fixeron moitas preguntas: é difícil aprender a ler?, hai exames en 1º?, hai casiña no recuncho para xogar?; e estiveron moi atentos/as ao conto que lles lemos "Alex e o rato de corda"
Agasallámolos cun debuxo de Guille, o rato de corda e esperámolos o curso que vén en 1º, pois nós xa seremos un chisco máis maiores, estaremos en 2º!








4.6.19

Un mar de baleatos (green screen)

Coñecemos a Jaques Cousteau e aproveitando as nosas cabezas de baleatos do entroido puxemos en práctica a técnica croma ou green screen. Compartimos con todos vós as nosas horas de diversión e aprendizaxe: NON ENSUCIES OS MARES...COIDA O MEDIO AMBIENTE!


3.6.19

Un mar de crebas: Leo

Imaxinación e creatividade ao poder entre crebas! Creamos á mascota da nosa biblioteca: a serea Leo.















Leo cun libro e un xeado.



30.5.19

Entrevista a Ana Mª Fernández

Agradecer a colaboración de Marcos, alumno de 6º, así como a asistencia técnica do mestre Luís.

Visita de Ana Mª Fernández

Hoxe a ilustre escritora visitou aos nenos e nenas de 1º e 2º.

 Admiramos e saboreamos a obra deste creadora porque nos encanta esa aparente facilidade coa que constrúe os seus versos. Os seus poemas son sempre luminosos e positivos. Será por iso que os rapaces os disfrutan tanto.

Ven de editar Ring, ring... quen rima? un libro que non defraudou e unha vez máis fixo as delicias dos pequenos.

Ana Mª era unha das poucas figuras consagradas da LIX que faltaba por pasar polo Milladoiro, non polos nosos méritos, senón porque levamos coas portas abertas moitos anos.
Así que agradecemos a súa xenerosidade.

28.5.19

Un mar de letras: contos, cantigas e lendas

Rematamos o noso segundo mural: contos (Realidade Aumentada), cantigas e lendas.
Reciclamos as colas dos nosos disfraces de baleatos do entroido para engadir códigos QR, os cales enlazan coas diferentes tarefas integradas no proxecto "Baleas" que desenvolvemos este curso.










10.5.19

Visita de Xurxo Alfeirán

Hoxe visitounos Xurxo Alfeirán para falarnos de "A caza da balea en Malpica".
Unha marabilla de visita!
Grazas Xurxo!





9.5.19

Visita de Celtia: "Cantamos"

Hoxe visitounos Celtia Figueiras, autora dos contos que contén o libro-cd "Cantamos" de Luís Vallecillo.
Pasámolo moi ben! Grazas Celtia!

2.5.19

I Concurso de Podcasts

Participamos no I Concurso de Podcasts de radio elaborados na nosa biblioteca convocado pola Consellería de Educación.
E facémolo co podcast Muller e Mar 2019 para homenaxear as mulleres traballadoras do mar: as avoas armadoras e redeiras.
Grazas ás familias pola súa colaboración e á mestra de E.I., Marta Couto, pola asistencia técnica.
Esperamos que vos guste, nós aprendemos moito!