5.12.19

Dereitos da Infancia (1º)

Cada 20 de novembro conmémorase o Día Internacional dos Dereitos da Infancia e o 3 de decembro o Día Internacional das persoas con discapacidade. Como este trimestre o noso Proxecto de Centro xira en torno á comunicación cada aula preparamos un mural escollendo un artigo da Convención dos Dereitos da Infancia e aprendemos un pouco da Lingua de signos, como un sistema alternativo de comunicación que usan maioritariamente a comunidade de persoas xordas. Os nenos e nenas de 1º de Primaria elaboramos este cartel que vos amosamos a continuación. Se premedes na imaxe accederedes ao video que gravamos en Lingua de Signos co Dereito de todos os nenos e nenas a xogar, divertirse e descansar.


29.11.19

Segundo Laboratorio de Son (Radio Balea)

Un novo grupo, un novo programa da nosa propia parrilla!
Recibimos ao grupo 2 para guionizar, locutar e producir dentro do programa "MillaInforma" a sección "Xogos de onte, hoxe e mañá".
Esta sección foi o punto de partida para pór en funcionamento, coordinado polo mestre Óscar dende as súas sesións de E.F. e nos recreos, os xogos tradicionais: corda, goma, chapas, buxainas, mariolas...
Un programa con gran número de colaboracións: familias (alumnado de 2º), compañeiros/as (entrevistas no patio de recreo) e mestre/a (Óscar mestre de E.F., que aportou a reflexión final do programa e Susana, mestra de 1º,  que colaborou nas ráfagas co son da súa gaita) os cales enriqueceron o traballo feito por este grupo.
Grazas a todos/as pola vosa participación!

Picando na primeira imaxe accederedes ao álbum de fotos deste segundo laboratorio.















Convidámosvos a escoitar o podcast final!

5.11.19

Esto é o que somos


No curso pasado inauguramos as nosas novas instalacións. Pasamos a formar parte dos centro piloto nos que a Consellería explora a evolución do modelo de biblioteca escolar acorde coas necesidades do alumnado actual e coas tendencias en materia bibliotecaria e educativa.
estamos moi orgullosos da nosa traxectoria de excelencia educativa. Hoxe os centros LIA2 son 20. Cando nos seleccionaron a nós eramos 12 de toda Galicia (de Infantil a Bacherelato)
Así que: 
podedes presumir de cole!

30.10.19

Apócema da bruxa

Cómic "Os tres bandidos"

Hoxe, co gallo das X Lecturas Terroríficas, presentamos na biblioteca o noso cómic.


Neste seguinte vídeo podedes ver un dos produtos finais do proxecto "Cómic", que no primeiro vídeo non se ve claramente, e co cal nos divertimos e seguimos aprendendo moito.
Esperamos que vos guste!
 

Samaín 2019


Outono 1º

Canto dá de sí o outono!!! Encántanos esta estación do ano.

Velaquí algún dos traballiños que fixemos en 1º. O esquío e o ourizo son dous dos animais que aparecen nun dos libros do Plan Lector deste curso; Os animais do bosque.

O outro, o libro de poemas Vento, ventiño, venteiro tamén nos encaixa perfectamente neste proxecto, achegando a poesía de Antonio García Teijeiro ao alumnado.











29.10.19

Primeiro Laboratorio de son (Radio Balea)

O primeiro laboratorio de son rematou, este mes de outubro, emitindo ao longo desta semana (no recreo e nas Lecturas Terroríficas) o primeiro programa da nosa propia parrilla de programas.

O programa "Festexamos" recolle a sección "Samaín 2019", o cal emite 3 lecturas terroríficas entre introducións, cuñas, ráfagas, despedida e sintonía da nosa Radio Balea (en proceso temos a creación do indicativo/jingle da nosa radio)

Picando na primeira foto accederedes ao álbum de fotos deste primeiro laboratorio.

O alumnado de E.I., 1º e 2º de E.P., ademais de reproducir a lectura "A casa da miña avoa", foi creador de cuñas e ráfagas estremecedoras. Como práctica, antes de gravar no estudo de radio, as gravadoras foron un recurso que lles encantou; traballando a escoita, o silencio, a entoación...


O alumnado de 3º a 6º de E.P. foron os encargados de guionizar a emisión do programa, locutar o mesmo e reproducir dúas lecturas: "A figueira de Pelostortos" e "Os tres bandidos".


Só nos queda felicitalos polo gran traballo realizado!




A continuación podedes ver a presentación que empregamos para iniciar aos máis pequenos nos medios de comunicación, entre eles a radio (Radio Balea); así como coñecer a comunicación e os seus elementos. O mesmo que fixeron os maiores, os cales profundizaron máis tratando: a historia da radio, a comunicación, a nosa radio Balea...

Convidámosvos a escoitar o podcast do programa "Festexamos: Samaín 2019" de Radio Balea.
 

Saída "Búsqueda do tesouro"

A semana pasada o alumnado de E.I., 1º e 2º fixemos unha saída ao parque de Buño para levar a cabo unha actividade na natureza.
O alumnado dividiuse en grupos para buscar os tesouros marcados nas fichas que lles entregamos. Para a súa búsqueda contaban cos recursos precisos: lupas, visores, lanternas, bolsas para a recollida dos tesouros...
A actividade foi todo un éxito e todos os grupos grandes exploradores, atoparon todo canto se pedía en menos tempo do acordado polo que tiveron logo máis tempo para seguir xogando...desta vez no parque!
Agora toca, nas aulas, sacar partido a todos os tesouros atopados.
Picando na foto poderedes acceder as imaxes do día.



24.10.19

1º Grupo Laboratorio de Ciencias (Pequeciencias)

Pasou o primeiro grupo de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria polo Laboratorio de Ciencias, estreando novo espazo: o laboratorio Pequeciencias.
Aquí tedes un pequeno vídeo resumo onde se recollen as diferentes actividades que realizamos. 
Comezamos identificando os elementos cos que íamos traballar, realizamos mesturas con auga para distinguir as homoxéneas das hetereoxéneas e experimentamos libremente (a parte que máis lles gustou). 
A seguinte sesión estivo adicada á realización de experimentos baseados nas mesturas, as reaccións químicas e os cambios da materia e, por último, fixemos un repaso de todo o aprendido e probamos as piruletas de azucre que se cristalizaran dende a primeira sesión.

3.10.19

Leolab 1º

Estivemos no Leolab facendo diferentes actividades creativas.
Encántanos aprender xuntos neste espazo!
Picando na imaxe poderedes acceder ao álbum de fotos.