28.10.20

1º de EP - Outono de palabras, outono de pictogramas

Boa tarde a todos e a todas!

Seguindo coa temática do outono, no corredor do centro temos unha gran árbore que, entre todo o alumnado do centro, ímos encher de follas con palabras positivas en galego. 

Coraxe, amizade, bicos, esperanza... Agora máis que nunca é preciso enchernos de positivismo e de forza, aquí vos quedan unhas imaxes!


   

   

   

 



27.10.20

Samaín 2020_2º de Primaria

Presentámosvos o conto colectivo creado polos nenos e nenas de 2º de Primaria para a xa tradicional Semana das Lecturas Terroríficas. 

 Uns días antes estivemos traballando a escritura creativa coa técnica do Binomio Fantástico de Rodari e deste obradoiro xurdíu esta fantástica e intrigante historia ambientada no noso colexio. 

Queremos adicarlla con moito agarimo aos compañeiros que non poideron estar presentes: Marco García, Mara e Fran (ausente durante a gravación na Radio escolar).      

26.10.20

1º de EP - Historias de Samaín

Boa tarde a todos e a todas!

Durante a semana pasada, e con motivo do Samaín, entre todos os nenos e nenas da aula inventaron dúas historias terroríficas.

Para darlle un toque de creatividade á elaboración destes contos, partimos do Binomio Fantástico de Rodari. Para quen non coñeza esta técnica de escritura creativa, consiste en quitar ao azar dúas palabras, sen relación algunha entre elas, coas que deberemos formar unha historia lóxica.

Para escoller estas dúas palabras, lanzamos ao aire un dado que contiña, en cada un dos seus lados, unha palabra. Para a primeira historia saíron as palabras BRUXA e ZAPATOS, e para a segunda, LOBOS e RADIO.

Posteriormente, dúas alumnas da aula, Candela e Valentina, acudiron á radio do centro para gravar estas historias.

Este foi o resultado!





 


1º de EP - A árbore da escola

Boa tarde a todos e a todas!

Na materia de Valores Sociais e Cívicos traballamos sempre partindo dun libro. Despois de comezar o curso traballando as emocións co noso xa coñecido amigo Monstro de Cores, agora tocoulle ao libro “El árbol de la escuela”.

Este conto lévanos a pensar en como un proxecto, ou mesmo unha persoa, pode crecer si a xente do seu redor presta a súa colaboración, interese e cariño. Deste xeito, a raíz desta historia, estivemos traballando o trato aos demais e as relacións sociais.

Déixovos aquí unhas imaxes da actividade.


  





23.10.20

1º de EP - Actividades de aula

Boa tarde a todos e a todas!

Sempre nos gusta que o traballado realizado na aula cos libros, fichas e outros materias, se reforce con outro tipo de actividades máis interactivas, como estas da pantalla dixital.

Estes días estivemos realizando pequenas actividades de matemáticas (series de números, sumas...) e linguas (sílabas, conciencia fonolóxica...).

Aquí vos quedan unhas poucas imaxes.




 

 

 

 




20.10.20

Poema de outono. Aula de 2º

Os nenos e nenas de 2º de Primaria gravamos este vídeo recitando un poema sobre o Outono de Antonio García Teijeiro. 

Adicámosllo con moito agarimo ao noso compañeiro Marco. 

Esperemos que che guste!. Unha gran aperta dos teus compañeiros e compañeiras e dos profes. 



13.10.20

Poema do outono

O noso compañeiro Marco García envíanos este fermoso vídeo recitando un poema do Outono de Antonio Garcia Teijeiro. 

Encantounos Marco!! Eres un artista! Moitísimas grazas!

Unha aperta de todos os teus compañeiros e compañeiras!






9.10.20

Mural Monstruo Rosa

Os Picariñ@s do Milladoiro estreamos o blogue este curso 20/21 coa publicación desta imaxe realizada diante da aula de 2º de primaria.

Elaboramos este mural partindo do conto Monstruo Rosa da autora Olga de Dios lido durante unha das sesións da Hora de Ler. Un libro que trata sobre a diversidade.

Nós fixemos a nosa propia adaptación á situación sociosanitaria que estamos a vivir por mor do COVID-19. Monstruo Rosa soñaba con descubrir outros lugares. Onde xogar e rir e aí quedarse a vivir.

Non estamos todos. Falta o noso querido compañeiro Marco García, que tamén participou cos seus debuxos no mural. Adicámosllo a él con moito agarimo.




19.6.20

Fin de curso 2º_2019/20

Hoxe, fin de curso 2019/20, despedímonos de todos/as vós ata setembro.
Desexámosvos un FELIZ VERÁN e GRAZAS por todo o voso cariño, esforzo, motivación e creatividade ao longo destes dous cursos e, especialmente, deste singular 3º trimestre.
Seguide sendo...MOI FELICES! 

26.5.20

LEOLAB 19/20


No primeiro trimestre do presente curso puxemos en marcha no noso cole os laboratorios de aprendizaxe. A expectación e ilusión era máxima. Cada mércores, despois da Hora de Ler todo o alumnado do cole organizábase por equipos interniveis para participar nun dos 5 laboratorios: Laboratorio Documental, Laboratorio de Ciencias, Laboratorio de Son, Laboratorio de Ideas e Laboratorio de Imaxe.
Entendemos estos laboratorios como espazos de aprendizaxe onde desenvolver as competencias básicas, onde crear, experimentar, investigar…dunha maneira lúdica e motivadora coa orientación das mestras e mestres do noso colexio.
Esta actividade quedou cancelada  coa declaración do estado de alarma polo COVID-19 e a suspensión das clases. 
Desexamos que para o vindeiro curso poidamos emprender novamente os nosos laboratorios nos que tanto aprendemos e desfrutamos.

25.5.20

Letras Galegas 2020_Cores e Letras

A partir do poema de Manuel María (audio recitado pola profe Vanessa e publicado no programa Que me contas? de Radio Balea) o alumnado do CEIP Milladoiro creou uns fermosos caligramas con forma do arco da vella, xa que ademais este converteuse nun símbolo de esperanza durante esta pandemia. No seguinte vídeo tedes un resume  da creatividade dos nenos e nenas:

15.5.20

Día da Familia 2º

 
Parabéns no voso Día, Familias de 2º! 
Un pequeno resumo en vídeo, de cada unha de vós.
Familias educadoras e creativas, cada unha de vós diferente e única.
Grazas por compartir a vosa riqueza particular con todos/as NÓS.

Artistas no Día do Libro

Ola familias,

Coas imaxes que nos foron chegando sobre unha das actividades promovidas pola Biblioteca do noso cole para conmemorar o Día do Libro elaboramos este caderno.
Recolle as creacións plásticas que fixéchedes inspirándovos nun dos vosos libros favoritos botando man da imaxinación e a creatividade. Moitos parabéns artistas!

Grazas por participar.


4.5.20

Aula de 1º. Corentena....máis que cumprida!


Ola familias!
Este vídeo é un resumo en imaxes que pretende reflectir a diversidade de tarefas que foron facendo os vosos Superheroes e Superheroínas de capa vermella ao longo desta corentena máis que cumprida. Non podo estar máis agradecida coa vosa participación e apoio. Moitísimas grazas por todo!
Está feito con moito agarima para todas vos. Agardo que vos guste!

Aula de 2º: corentena...máis que cumprida!

Para todos/as NÓS!
Un vídeo resumo destacando algunhas das actividades feitas ao longo desta corentena, na que cumprimos e seguimos cumprindo como auténticos/as superheroes e superheroínas de capa vermella!
Nas vosas carpetas dixitais gardo decenas de imaxes, vídeos, audios...que nos achegan un pouquiño máis nesta difícil situación. Grazas mil por seguir conectados/as!
O vídeo, imaxe a imaxe, deixanos ver que...
TODOS/AS SOMOS DIFERENTES, A DIVERSIDADE ENRIQUÉCENOS!
Sigamos pois enriquecéndonos con esta diversidade e compartíndoa con todos/as.
Parabéns unha vez máis por tanto esforzo, motivación e ilusión por seguir creando e crecendo ao tempo que nos divertimos xuntos/as.
A disfrutar do noso vídeo!