11.3.21

1º de EP - Cociñando con-Ciencia (I): Quen cociña na miña casa?

Boas a todos e a todas!

Aquí vos deixo unhas imaxes do resultado da enquisa que se vos realizou na casa. Quen cociña na nosa casa? A esa persoa (ou persoas) gústalle esa tarefa?

No mural podemos ver cantas nais (13) e cantos pais (7) cociñan. Ademais diso, a cantos lles gusta (pulgar azul) e a cantos non lles gusta (pulgar vermello).

Esta actividade forma parte da proposta Cociñando con-Ciencia, que relaciona a cociña, a ciencia e a figura da muller.

 


  

  

  

  

 

1º EP - Lectura e 8 M

Boas a todos e a todas!

O luns 8 de marzo foi Io Día da Muller e polo tanto, esta semana estivemos traballando con diversos contos: "Artur e Clementina" (que nos mostra que as mulleres poden decidir o que facer e o que ser) e "O libro dos porcos" (que nos ensina que as tarefas do fogar non son só cousa de mulleres). 

Ademais, aproveitando a Semana da Prensa, tamén demos a coñecer na aula o xornal mensual O Papagaio, dispoñíbel na nosa Biblioteca Escolar. Un xornal creado no 2016 por Abraham Carreiro e escrito en galego e sen publicidade. Nesta ocasión vimos o exemplar adicado ao 8 M.



  


  

  

  

  

  


9.3.21

Día da Muller_2º de Primaria

Este curso, no Día Internacional da Muller, quixemos festexalo realizando unha entrevista a unha antiga alumna do noso colexio: a Yara Castro Ortega, de profesión cociñeira e rexente do Restaurante Casa da Vasca. 

Preparamos entre todos/as as preguntas e convidamos a Yara a vir a Radio Balea, onde Noela, Siro e Lola lle fixeron a entrevista. 


4.3.21

1º de EP - Conciencia léxica

Boas a todos e a todas!
Ao longo desta semana estamos traballando na aula a conciencia léxica. Esta é a primeira reflexión sobre a produción verbal, con ela conseguimos que o alumnado tome conciencia da oración como unidade de expresión e que identifiquen e manipulen as palabras que a forman.

  

  

  

   





1º EP - Os nosos castiñeiros

Boas a todos e a todas!

Déixovos por aquí unhas fotografías do proceso dos nosos castiñeiros que pouco a pouco van medrando e botando as súas primeiras follas.

 

3.3.21

Carta a Rosalía_2º de Primaria

Esta é a carta a Rosalía que redactamos de forma colectiva na aula e que foi lida en Radio Balea por Celia e por Carlos. 

Unha carta con moito sentimento, como a poesía que nos legou a nosa escritora máis querida. 






2.3.21

1º de EP - Cartas a Rosalía

Boas a todos e a todas!

O 24 de febreiro é o día de Rosalía de Castro e por iso realizamos unha actividade para a súa conmemoración.

O Equipo de Biblioteca propúxonos realizar unha carta expresando o que botamos de menos de antes da Covid-19, ao igual que Rosalía expresaba en moitos dos seus poemas o que botaba de menos da súa terra.

A carta colocámola no mural colectivo situado no primeiro andar do centro e podedes escoitala da voz de Antía, Leo e Saúl no seguinte podcast gravado na Radio Balea.



 


1.3.21

Día de Rosalía_2º Primaria

Para conmemorar o Día de Rosalía a aula de 2º de Primaria tamén nos sumamos á proposta do Equipo de Biblioteca e EDLG de redactar unha carta á nosa escritora máis querida. Hoxe fomos colocala ao mural colectivo. 

Nos próximos días poderemos escoitar esta carta e un poema da autora que foron gravados na nosa Radio Balea dentro do Laboratorio de Son. 

Aproveitamos tamén para amosarvos un mural particular que fixemos para decorar a entrada da nosa aula. Un abano de Rosalías. 

Rosalía sempre na memoria!!








25.2.21

Maxia para Marco

O profe Sergio ten moitas facetas artísticas. Sabemos que toca a guitarra e o ukelele porque xa nos ten deleitado nalgunha ocasión coa súa música pero descoñecíamos que tamén SABE FACER MAXIA!

Este vídeo que vos presentamos é un truco de maxia que gravou para o noso Superheroe Marco García. 

Agardamos que lle guste tanto como a nós! 

Vai por e para ti Marco. Unha aperta de todos os mestres/as e compañeiros/as. 

Grazas Sergio!


23.2.21

Marco

O Superheroe Marco envíanos dende a súa casa unha mensaxe para todos e todas.
É imposible non contaxiarse de tanta alegría e amor como transmites. 
Estamos superorgullos@s de ti. 
Grazas Marco!