9.2.24


 Foto dos Nadores das illas Sisargas, todos levaban a súa medalla de participantes e o tempo estimado que eles consideraron que tardarían en facer a travesía... Podedes ver no seguinte enlace a elaboración do barco: travesía Illas sisargas.

8.2.24

Disfraces aula 1º E.P.

 Hoxe aproveitamos o disfrar para subri ao Croma e facer o noso Galicómic sobre a San Silvestre de Malpica, próximamente o publicaremos, e tamén para facer algunhas fotos divertidas:







As nosas mascotas

 



Estivemos dándolle vida as nosas mascotas, premendo no seguinte enlace veredes o ben que se moven cada unha delas:

https://docs.google.com/document/d/1H_C8pTXX39zo0THoAagQvyqtSlSsWWGLTwGDdz5b3QY/edit?usp=sharing



6.2.24

Clases de 6ºE.P. a 1º E.P.

 Este trimestre en Ciencias da Natureza comenzamos traballando os seres vivos e contamos coa axuda do alumnado de 6º E.P. para que nos impartiran diferentes clases sobre os animais. Fixeron un gran traballo os máis maiores xa que prepararon unha parte teórica e unha parte práctica, abordando:

- As funcións vitais dos seres vivos.

- Os animais vertebrados e invertebrados.

- A clasificación dos animais segundo a súa alimentación.

- Os hábitats dos animais.

- E os 5 grandes reinos dos animais vertebrados.

Podedes ver todas as fotos destas sesións premendo no seguinte enlace: Clase 6º/1º



4.2.24

CARREIRA DE CROS EN CARBALLO

 O pasado venres 26 de xaneiro os grupos de 2º, 3º e 4º de Educación Primaria, participaron na carreira de Cros que se celebrou en Carballo.

Foi unha bonita experiencia onde os nenos e nenas puxéronse a proba e desfrutaron dunha nova experiencia facendo deporte.

Esta actividade encádrase dentro do Plan Proxecta  "Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVDA), no cal o noso centro participa por primeira vez dende o programa XOGADE, impulsado pola Xunta de Galicia.

Parabéns a todos e todas e facemos unha mención especial a Antía C de 4º de Primaria. e Alexia V. de 2º de Primaria que lograron clasificarse para a seguinte rolda e Martín M. de 3º de Primaria como gañador da carreira da súa categoría.

Ligazóns da prensa:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/carballo/2024/01/27/manana-carreras/0003_202401C27C8991.htm

https://www.carballo.org/novas.php?id=9272&idioma=gl&sec=30

https://www.diariodebergantinos.com/articulo/bergantinos/carballo-pone-correr-casi-mil-jovenes-once-colegios-comarca-4696142

CLASIFICACIÓN:

https://atletismo.gal/wp-content/uploads/2024/01/RCARBALLO260124.pdf

Compartimos imaxes desta festa deportiva na que participaron preto de 1000 nenos e nenas da Comarca de Bergantiños facendo click na de abaixo:


Compartimos tamén vídeo da saída da categoría benxamín feminino que demostra a grande afluencia de participación e a dificultade da carreira:

30.1.24

Día Escolar da non violencia e a Paz

Para conmemorar o Día Escolar da non violencia e a Paz e seguindo a proposta de actividades do centro relacionados co PDI, o alumnado de 1º B e 2º de Primaria eleximos o conto Orellas de bolboreta, de Luisa Aguilar, editado por Kalandraka, para facer unha lectura activa do mesmo e crear o noso Acróstico Pacífico. 

Este conto que tanto nos gusta resalta valores tan importantes como a confianza nun mesmo, a autoestima positiva e o respecto aos demáis. A palabra extraída do conto e coa que elaboramos o noso acróstico foi QUERERNOS. 

Porque A PAZ COMEZA QUERÉNDOSE A UN MESMO!

Anteriormente, cada neno/a elaborou un acróstico partindo do seu nome e fixemos un mural na entrada da aula. 

Pica na imaxe para acceder a maís fotos da galería








Aniversario Lector_Andrea

Hoxe achegouse ao noso cole a mamá de Andrea de 2º de primaria. O día do seu aniversario é o 21 de xaneiro pero como estivo enfermiña non se celebrou antes.  Prepararon a lectura dun fermoso conto: Antes de durmir, de Giorgio Volpe. Edicións Cumio. 

Moitas grazas por participar no programa Aniversarios Lectores. Encántanos recibirvos. 

Moitos parabéns ANDREA!















25.1.24

Aniversario lector_Pedro

Hoxe está de aniversario o noso compañeiro Pedro de 1ºB. Recibimos a súa mamá durante a Hora de Ler para que nos lesen entre os dous un conto ben acaído para a ocasión. O conto elexido foi A casa da miña avoa, de Pep Bruno i editado por OQO. 

Moitas grazas pola visita e sobre todo MOITOS PARABÉNS, PEDRO!!




 

19.1.24

Aniversario Lector_Manuela e Mateo

Hoxe temos un aniversario por partida doble. Mateo, de 1ºA e Manuela de 1º B son irmáns e cumplen 7 anos. 

Fomos a biblioteca escoitar o conto que preparon con moito agarimo coa súa mamá. Un conto sobre detectives e elefantes. Encantounos!

Moitas grazas e MOITOS PARABÉNS!!





20.12.23

Postal de Nadal 2023

             

O alumnado de 1º e 2º de E.P. felicitou estas festas a diferentes colectivos, como a Residencia de Persoas Maiores de Carballo e a Asociación do Fogar do Pensionista de Malpica, como parte da actividade proposta dende a Biblioteca do centro dentro do PDI deste ano, "Medicus curat, natura sanat". E con este vídeo tan emotivo que realizaron queremos felicitar a todas as familias da nosa comunidade educativa.

                                     BO NADAL E FELIZ 2024!

Pola súa parte, a Asociación Fogar do Pensionista de Malpica devolveunos un vídeo felicitando ao noso alumnado, ademais de proxectalo o venres pasado nas súas instalacións. Moitísimas grazas pola vosa colaboración:


RETO 6º: proxecto corpo humano

 Rematamos o reto do corpo humano co reto sexto no que realizamos un gran número de actividades, xa que traballamos a autoestima, as vacinas, a alimentación, os primeiros auxilios, a receita médica... e por fin conseguiron o tan desexado premio, que era un esqueleto que brilla na escuridade. Podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: reto 6º







15.12.23

Excursión á Domus_1º ciclo

E por fin chegou un dos días máis agardados do trimestre. O alumnado de 6º de Infantil e 1º e 2º de Primaria fomos de excursión á Coruña onde visitamos un dos seus museos científicos. En concreto estivemos no Domus, no museo interactivo adicado ao corpo humano. 
Pasámolo superben! 

Picando nesta imaxe poderedes ver máis fotos da xornada.

Adorno de Nadal

 Un ano máis recibimos a manualidade de Nadal realizada pola familia da alumna Ainara Costa Chouciño, que cada ano supéranse e déixanos alucinados cos seus traballos en familia. Soamente temos palabras de agradecemento e admiración.






12.12.23

Árbore de Nadal 1º E.P.


 Neste Nadal estivemos traballando algo tan importante como é a AUTOESTIMA, por iso o alumnado de 1º E.P. é o protagonista, resaltando cada un deles as súas características positivas nestes adornos tan simpáticos. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: árbore.