15.1.11
19.12.10
O arco da vella
Os pícaros de 1ºA coñecemos como se forma o arco da vella a través do conto "Las gotitas y el arco iris".
Ao entrar na aula puidemos ver como no ceo de Malpica se estaba a formar o arco da vella, pero porque aparecía no ceo este arco de tantas cores????
A resposta estaba no conto, que nos gustou moitísimo, e logo puidemos debuxar o noso arco da vella sen esquecer que para que se forme é preciso gotiñas de chuvia e sol.

Despedida de Daniel
Os pícaros de 1ºA despedímonos de Daniel en novembro, pois foise a visitar a súa familia a Perú e non voltará ata xaneiro.
Como non ía poder pasar o Nadal connosco regalámoslle unhas postais de felicitación para que se acorde de nós en Perú.
El tamén nos deixou a súa para que non nos esquezamos del nestas datas tan sinaladas.
Daniel, dende Galicia desexámoste que este Nadal veña cargado de regalos para ti e os teus.
Moitos biquiños dos pícaros de 1ºA.

18.12.10
Peter Punk
En novembro gozamos, grazas a ANPA, dun espectáculo moi divertido "Peter Punk".
Rimos, gritamos, aplaudimos a rabiar e participamos na actuación.
Os elexidos para axudar a Peter Punk foron Natalia e Fran, que como veredes nas fotos pasáronno moi ben enriba do escenario.
En decembro tivemos outra actuación para pechar o bo sabor de boca que nos deixou a primeira.

14.12.10
1º Premio "La casa de mis sueños"
Os pícaros de 1º A estamos de noraboa, pois gañamos o 1º premio no concurso "Dónde viven los niños del mundo".
Cada un imaxinamos onde nos gustaría vivir e reflexámolo no papel facendo chegar as nosas obras, baixo o título "La casa de mis sueños", ao concurso que organizou Cuentamundos.
E hoxe mesmo coñecemos que un dos nosos debuxos foi premiado e recoñecido con este fermoso comentario por parte dos patrocinadores:
"Cuentamundos: Porque queremos una casa como esa.
Si Frank Gehry diseñó un museo con forma de prismáticos, porqué no va a haber una casa con forma de corazón… eh? :-)"
Deixámosvos ver a obra merecedora do 1º premio para que gocedes da imaxinación e a ilusión dunha pícara de 6 anos.
Debuxos pícaros 1ºA

![]() |
| MARÍA VILA VERES. 6 ANOS. 1ºA. CEIP Milladoiro |
13.12.10
O Apalpador
Os pícaros de 1ºA xa coñecemos ao Apalpador.
A través do conto "Antón e o Apalpador" puidemos coñecer a este personaxe típico do Nadal galego, o cal trae castañas e xoguetes a tódolos/as nenos/as de Galicia.
Se queredes coñecer máis da historia deste xigantón de oficio carboeiro só tedes que picar no enlace de recursos de Nadal.
Nós gozamos moito do conto e xa forma parte da nosa aula e das nosas ilusións xunto cos demais personaxes de Nadal.

| O Apalpador |
Recursos de Nadal
No CEIP Milladoiro xa contamos coa nosa páxina de recursos de Nadal.
Picando no enlace "Nadal" que aparece na barra lateral en Recursos accederedes a ela.
Atoparedes páxinas onde descargar debuxos para colorear, xogos on-line e mesmo moi boas suxerencias para elexir os xoguetes que regalar nestas datas aos máis pícaros.
Os pícaros do Milladoiro queremos desexarvos a tod@s

BO NADAL E FELIZ ANINOVO 2011
3.12.10
Moito que contar
Os pícaros de 1ºA temos moito que contar de todo o que fixemos e estamos a facer ao longo do 1º trimestre.
Coma fai moi pouco que inaugurámolo blog, dicirvos que antes de xaneiro esperamos ter colgadas tódalas entradas coas nosas actividades e saídas.
Ata entón, unha aperta a todos os que nos visitedes e PACIENCIA que pronto saberedes de nós.

29.11.10
Grazas Leo
Ola Leo, os pícaros de 1ºA quedamos abraiados polo teu agasallo.
Estivemos practicando os números e divertímonos moito co j-clic de Mates.
Grazas por visitarnos e por deixarnos un agasallo tan valioso.
Esperamos que nos visites máis veces.
Un biquiño da aula de 1ºA.

| By Annie Things Possible |
27.11.10
Olaaaaaaaa!!!

Olaaaaa! Canto me alegro de encontrarvos por aquí! Eu non sabía que tiñades un blog.
Agora xa o sei e espero que vos serva para aprender moito e divertirvos e topar moitos amigos e....
Ben, de momento deixovos un agasallo de benvida.
Pulsade sobre o debuxiño e ... xa veredes!
Volverei por eiquí outro díaaaaaaa!!!!26.11.10
Mascota de 1ºA
Os pícaros de 1ºA queremos presentarvos a nosa mascota de aula.
Chámase Pepito, pois foi bautizado por votación do grupo.
Cada un propuxemos un nome (Calibro, Roqui, Mariñeiro, etc) e logo decidimos cal era o que máis nos gustaba e saiu Pepito.
Así que xa sabedes, onde vexades a Pepito alí estará o grupo de 1ºA.

By Annie Things Possible PEPITO |
24.11.10
Aventuras na rede
Os pícaros da aula de 1ºA e da aula de 2ºA queremos darvos a benvida ao noso blog e desexamos que gocedes coas nosas vivencias escolares e extraescolares.
Ao longo do presente curso 2010/11 iremos dando boa conta dos nosos mellores momentos, dos nosos traballos e das aprendizaxes que nos quedan por adquirir.
Un saúdo moi pícaro para todos aqueles que nos visiten.
![]() |
| Pícaros de 1ºA |
![]() |
| Pícaros de 1ºA |
Pícaros de 2 º A |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)