4.4.11

Próxima saída

O vindeiro xoves 7 de abril visitaremos o Centro de Interpretación de Xogos Tradicionais "Brinquedos", que se atopa no CEIP Mosteiro de Caaveiro-A Capela e remataremos a saída na Casa do Mel en Goente.
Ademais de xogar, tamén teremos a oportunidade de visitar o "Museo do Xoguete" que teñen no propio centro e que podedes ver no seguinte vídeo.

12.3.11

3.3.11

Caretas de Entroido

Os pícaros de 1ºA rematamos as nosas caretas de árbores e flores.
A que non nos quedan nada mal????


6.2.11

Semana da Froita

Mañá comeza a "Semana da Froita" do 2º trimestre.
No 1º trimestre os pícaros de 1ºA obtivemos un diploma por comer moita froita, pois sabemos que a froita axúdanos a medrar sans e fortes.
A comer moita froita para conseguir o noso segundo diploma!!!!

1.2.11

Día da Paz

O venres 28 de xaneiro celebramos o Día da Paz.
Os pícar@s de 1ºA cantaron e interpretaron, con coreografía incluída, unha canción infantil da República do Congo.
Ademais da canción tamén traballamos, ao longo de toda a semana, o valor da amizade chegando a pequenas conclusións que ese mesmo día, pola tarde, expresaron en público diante de todos os compañeiros do colexio.
E rematamos de festexar o Día da Paz  cantando, todo o colexio a unha, "Somos el mundo".
Accederedes aos vídeos picando nos seguintes enlaces.

Canción 1ºA                                                                              

19.12.10

O arco da vella

Os pícaros de 1ºA coñecemos como se forma o arco da vella a través do conto "Las gotitas y el arco iris".
Ao entrar na aula puidemos ver como no ceo de Malpica se estaba a formar o arco da vella, pero porque aparecía no ceo este arco de tantas cores????
A resposta estaba no conto, que nos gustou moitísimo, e logo puidemos debuxar o noso arco da vella sen esquecer que para que se forme é preciso gotiñas de chuvia e sol.

Despedida de Daniel

Os pícaros de 1ºA despedímonos de Daniel en novembro, pois foise a visitar a súa familia a Perú e non voltará ata xaneiro.
Como non ía poder pasar o Nadal connosco regalámoslle unhas postais de felicitación para que se acorde de nós en Perú.
El tamén nos deixou a súa para que non nos esquezamos del nestas datas tan sinaladas.
Daniel, dende Galicia desexámoste que este Nadal veña cargado de regalos para ti e os teus.
Moitos biquiños dos pícaros de 1ºA.

18.12.10

Peter Punk

En novembro gozamos, grazas a ANPA, dun espectáculo moi divertido "Peter Punk".
Rimos, gritamos, aplaudimos a rabiar e participamos na actuación.
Os elexidos para axudar a Peter Punk foron Natalia e Fran, que como veredes nas fotos pasáronno moi ben enriba do escenario.
En decembro tivemos outra actuación para pechar o bo sabor de boca que nos deixou a primeira.

14.12.10

1º Premio "La casa de mis sueños"

Os pícaros de 1º A estamos de noraboa, pois gañamos o 1º premio no concurso "Dónde viven los niños del mundo".
Cada un imaxinamos onde nos gustaría vivir e reflexámolo no papel facendo chegar as nosas obras, baixo o título "La casa de mis sueños", ao concurso que organizou Cuentamundos.
E hoxe mesmo coñecemos que un dos nosos debuxos foi premiado e recoñecido con este fermoso comentario por parte dos patrocinadores:
"Cuentamundos: Porque queremos una casa como esa.
Si Frank Gehry diseñó un museo con forma de prismáticos, porqué no va a haber una casa con forma de corazón… eh? :-)"

Deixámosvos ver a obra merecedora do 1º premio para que gocedes da imaxinación e a ilusión dunha pícara de 6 anos.


MARÍA VILA VERES. 6 ANOS. 1ºA.
CEIP Milladoiro

                                                Debuxos pícaros 1ºA