25.4.16

Padriños lectores de 2º

Un curso máis, recibimos aos nosos padriños lectores.
Este ano tocáronnos os/as alumnos/as de 6º, os máis maiores do cole!!!
Agradecer aos nosos padriños e madriñas o ben que elexiron os libros e o ben que nos leron, gozamos moito das súas lecturas!


11.3.16

Tangram e maxín

Os pícaros de 2º deixamos voar a nosa imaxinación coas figuras planas do Tangram.
Un libro de historias en imaxes que creamos entre tod@s, dende papaventos ata personaxes que nacen do noso maxín.
fatimaolv's Tangram album on Photobucket

22.1.16

"Caixas de recordos"

Unha tarefa integrada que permitiu a cada pícaro da aula de 2º crear a súa propia caixa de recordos.
Finalmente presentaron ao resto do grupo o que en cada caixa gardaron, expoñendo as súas curtas biografías.
Gran tarefa que nos permitiu coñecernos un pouco máis!
Que esas fermosas caixas non deixen de medrar!!!


fatimaolv's Caixas de recordos album on Photobucket

27.5.15

Semana da Ciencia 2015

Os pícar@s de 1º experimentamos con ovos. Canto nos divertimos!!! Os ovos flotan, saltan, cambian de cor??? Mirade, mirade...

11.3.15

Semana da Muller 2015

Os/as pícaros/as de 1º traballamos, con moito esforzo, a biografía de Rosalía de Castro. Esperamos que vos guste.
ROSALIA DE CASTRO from bemilladoiro on Vimeo.

17.11.14

Aprendendo a investigar

http://www.slideshare.net/anavicenter/las-preguntas-de-ramoncnpo1werpoint-copia
Este curso ídesvos convertir en investigadores/as. Mirade con atención como fixo Ramoncín!

24.10.14

Xa estamos en 1º!!!

Os pícar@s de 1º comezamos un novo curso 2014/15, pronto teredes novas da nosa andaina en Primaria.



17.11.12

Os contos da rata Luisa

Sei que eses contos gústanvos moito. Así que, hoxe encontreime con estes xogos e pensei que serían un excelente agasallo para xogar neste fin de semana de frío, frío e choiva, choivaaaaa.
Só hai que premer sobre a imaxe e xa estarás nos xogos.
Ah! Xa sabes que na biblio temos tódolos libros da rata Luisa.

25.10.12

Xogo do Samaín

Mirade que xogo tan entretido atopei para vos. Fixérono na EEI Monte da Guía de Vigo e a min paréceme que vos vai gustar moito, moito. A ver se é verdade! Para xogar hai que pinchar co rato sobre esa foto e... xa está! Podes atopar máis xogos no blog da biblio.

25.6.12

Festival fin de curso 2011/12

GRAZAS á ANPA polo bonito fondo de escenario que deseñaron, ao concello e a todo o profesorado.

Fin de Curso 2011/12

Os pícaros do Milladoiro queremos agradecer a todo o profesorado, á ANPA e ó concello o seu esforzo para que tivesemos un Fin de Curso tan redondo.
No seguinte enlace atópanse as fotos de todas as celebracións: Tómbola, Festa de Ciclo, Festival, Convivencia e ata a nosa revista.

"Un ano de conto"

Os pícar@s de 2ºA rematamos o curso coa encuadernación do noso propio libro-lupa "O frautista de Hamelín" de Kalandraka.
O vindeiro curso estará dispoñible na biblio, en producións propias.