Os nenos e nenas de 2º de Primaria gravamos este vídeo recitando un poema sobre o Outono de Antonio García Teijeiro.
20.10.20
Poema de outono. Aula de 2º
13.10.20
Poema do outono
O noso compañeiro Marco García envíanos este fermoso vídeo recitando un poema do Outono de Antonio Garcia Teijeiro.
Encantounos Marco!! Eres un artista! Moitísimas grazas!
Unha aperta de todos os teus compañeiros e compañeiras!
9.10.20
Mural Monstruo Rosa
Os Picariñ@s do Milladoiro estreamos o blogue este curso 20/21 coa publicación desta imaxe realizada diante da aula de 2º de primaria.
Elaboramos este mural partindo do
conto Monstruo Rosa da autora Olga de Dios lido durante unha das sesións
da Hora de Ler. Un libro que trata sobre a diversidade.
Nós fixemos a nosa propia
adaptación á situación sociosanitaria que estamos a vivir por mor do COVID-19. Monstruo
Rosa soñaba con descubrir outros lugares. Onde xogar e rir e aí quedarse a
vivir.
Non estamos todos. Falta o noso
querido compañeiro Marco García, que tamén participou cos seus debuxos no
mural. Adicámosllo a él con moito agarimo.
19.6.20
Fin de curso 2º_2019/20
26.5.20
LEOLAB 19/20
25.5.20
Letras Galegas 2020_Cores e Letras
15.5.20
Día da Familia 2º
Familias educadoras e creativas, cada unha de vós diferente e única.
Grazas por compartir a vosa riqueza particular con todos/as NÓS.
Artistas no Día do Libro
Coas imaxes que nos foron chegando sobre unha das actividades promovidas pola Biblioteca do noso cole para conmemorar o Día do Libro elaboramos este caderno.
Recolle as creacións plásticas que fixéchedes inspirándovos nun dos vosos libros favoritos botando man da imaxinación e a creatividade. Moitos parabéns artistas!
Grazas por participar.
4.5.20
Aula de 1º. Corentena....máis que cumprida!
Ola familias!
Este vídeo é un resumo en imaxes que pretende reflectir a diversidade de tarefas que foron facendo os vosos Superheroes e Superheroínas de capa vermella ao longo desta corentena máis que cumprida. Non podo estar máis agradecida coa vosa participación e apoio. Moitísimas grazas por todo!
Está feito con moito agarima para todas vos. Agardo que vos guste!
Aula de 2º: corentena...máis que cumprida!
Nas vosas carpetas dixitais gardo decenas de imaxes, vídeos, audios...que nos achegan un pouquiño máis nesta difícil situación. Grazas mil por seguir conectados/as!
O vídeo, imaxe a imaxe, deixanos ver que...
Parabéns unha vez máis por tanto esforzo, motivación e ilusión por seguir creando e crecendo ao tempo que nos divertimos xuntos/as.
A disfrutar do noso vídeo!
30.4.20
Día do Libro...en familia!
Esta data que é tan nosa e na que disfrutamos sempre de compartir lecturas, este ano foi... diferente.
Pero non deixamos de ler!
Grazas por compartir con nós unha parte da vosa intimidade e abrirnos unha fiestra as vosas casas.
23.4.20
Feliz Día do Libro 2020
2.4.2020
GRAZAS pícaros/as e familias pola vosa colaboración para que puidesemos crear este fermoso video celebrando o Día do Libro Infantil e Xuvenil (LIX).
Con todo o noso cariño para VÓS, Susana e Fátima.
22.4.20
Día do Libro 2020
Imos comezar nós, os profes, agasallandovos un video con fotos nosas nas nosas casas lendo e... facendo outras cousas. Porque queremos que nos vexades e saibades de nós e dicirvos que VOLVEREMOS ABRAZARNOS! E, despois, tocarávos a vós. Fixádevos que as actividades teñen data final. Animádevos! Temos ganas de vervos! E de ver os vosos traballos que sempre, sempre consiguen sorprendernos. As fotos podedes envialas polas canles que xa tendes establecidas con cada profe, ou ao correo de Leo (bemilladoiro@gmail.com) Pensade que, agora, anque non é doado, todos estamos facendo algo moi importante: coidarnos e coidar dos demáis. Así que....

