23.2.23

DÍA DE ROSALÍA_1º EP

No día do aniversario da nosa escritora máis querida, a gran Rosalía de Castro, celebrámolo adicando a Hora de Ler a súa poesía. Logo cada un de nós elexíu unha palabra que nos evocase a súa figura ou escrita e fomos pegala na súa silueta que está no mural que temos adicada a ela.

Picade na imaxe para ver máis fotos na galería.



17.2.23

1º e 2ºEP - Soldados romanos

Boa tarde a todos e a todas!

Picando na seguinte imaxe deixámosvos as fotografías do proceso de elaboración do disfrace deste ano.


15.2.23

1º e 2º EP_Cociña polo entroido

O entroido xa está aquí e o alumnado de 1º e 2º de Primaria volvemos ir ao laboratorio de cociña para elaborar estes antifaces de masa follada. 

Viva o entroido!


Preme nesta imaxe para ver máis fotos da actividade



6.2.23

A Torre de Hércules_Lenda. 1º EP

A Torre de Hércules ou Faro Brigantium, nome co que foi bautizado polo romanos, é un dos monumentos máis importantes do noso patrimonio. É o faro en funcionamento máis antigo do mundo.

Trala súa historia tamén podemos atopar algunha lenda como esta recollida polo rei Afonso X, o sabio, no século XIII, e que o alumnado de 1º de Primaria reproducíu por escrito e ilustrou neste traballo que vos presentamos a continuación en forma de caderno electrónico.

Enmarcamos esta actividade dentro do noso PDI bianual: NÓS_ Patrimonio in-MATERIAL.


23.12.22

1º EP_FELICITACIÓN DE NADAL


A aula de 1º de Primaria quere desexarvos a todos e todas unhas felices festas de Nadal e un ano 2023 cheiño de bos e emocionantes momentos. 
 





21.12.22

2ºEP - Boas festas!

Boas a todos e a todas!

Despedimos este primeiro trimestre cunha selección de fotografías de todos os adornos de Nadal que viñemos facendo estes días.

Pica na seguinte imaxe para velas!



Boas festas e bo comezo de ano!


16.12.22

1º EP_Galletas polo Nadal

 Hoxe acudimos ao laboratorio de cociña para elaborar unhas deliciosas galletas de manteiga con formas navideñas. 

Pica na imaxe para acceder a máis fotos da galería. 



15.12.22

2ºEP - Cociña de Nadal

Boas a todos e a todas!

Hoxe voltamos á cociña para volver facer outra receita de Nadal. Nesta ocasión: galletas de manteiga.

Pica na imaxe para ver máis fotografías da actividade.



12.12.22

1º e 2º de EP_Obradoiro Adornos de Nadal

A pasada semana o alumnado de 1º e 2º de Primaria participou nun obradoiro de reciclaxe creativa impartido polo colectivo LIMPOCEAN, asociación sen ánimo de lucro que ten como obxectivo reducir o impacto ambiental do lixo que hai nos océanos e mares. 


Aproveitando que estamos ás portas do Nadal os nenos e nenas crearon esta fermosa árbore colectiva reutilizando residuos plásticos e outros materiais. 


Pica na imaxe para acceder á galería de fotos. 





7.12.22

1º e 2º EP - Un novo adorno robótico

Boas a todos e a todas!

Seguimos traballando a alfabetización informática a través da programación gracias a un obradoiro impartido pola profe Marta.

A pasada semana tivemos un novo achegamento coas placas Micro:bit.

Durante esta sesión formativas coñecimos a linguaxe de programación a través da plataforma Makecode (moi parecida a Scracht) e configuramos cada placa con luces leds e mensaxes ("Bo Nadal de parte de 1º e 2º de primaria"). Esta placa fará de adorno para a árbore de Nadal do centro.

O programa que empregamos deixámolo no seguinte enlace, por se algunhas das peticións aos Reis Magos é un kit Micro Bit para seguir aprendendo e creando.

Programa o teu Micro:Bit

Pica na imaxe para ver máis fotografías da actividade.



1.12.22

2ºEP - Cociña de Nadal

Boas a todos e a todas!

Hoxe visitamos a cociña para levar a cabo unha receita de Nadal.

Se houbo algunha merenda que foi de volta para casa...estas árbores de masa follada con crema de cacao foron as culpables!

Preme na imaxe para ver máis fotografías da actividade.



25.11.22

2ºEP - 25 N: Ás contra a violencia

Boas a todos e a todas!

Ao longo desta semana, viñemos traballando arredor do Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro).

Partindo do libro Artur e Clementina de Adela Turin vimos que a violencia non só queda reducida ao maltrato físico, se non que tamén existen outros tipos de violencia. A partires disto, fomos facendo unha choiva de palabras contrarias á violencia, as cales escribimos nunhas plumas para crear estas ás que simbolizan a liberdade de dereitos, de oportunidades …

Pica na imaxe para ver máis fotografías da actividade.



24.11.22

1º e 2º EP - TEATRO: Iriña Bailarina

No día de hoxe, @s nen@s de E. Infantil, 1º, 2º e 3º de E. Primaria acudiron ao Centro Cívico para desfrutar da actuación de Teatro Ghazafelhos con Iriña bailarina.

Unha obra baseada no libro, de mesmo título, de Cristina Justo e Paloma Rodríguez. Exemplar editado por Embora dentro da colección "A igualdade conta" para dar tratamento á igualdade de xénero e aos estereotipos sociais. Premendo na imaxe accederedes ao exemplar rexistrado no catálogo da nosa Biblio.

Agradecemos á ANPA Ventorrillo a xestión e organización dunha actividade complementaria que nos permite seguir dinamizando cultura, educando en valores de vida... porque seguimos querendo cambiar o conto.


Leo.

23.11.22

1º e 2º EP - Lúa quere viaxar a Marte.

Boas a todos e a todas!

Onte tivemos a visita de Celtia Figueiras (produtora, directora, actriz e escritora) de A Xanela do Maxín, quen nos trouxo un espectáculo de monicreques sobre o conto Lúa quere viaxar a Marte (neste enlace podedes volver a escoitar ou descargar o audio-conto). 

“Despois de dar a volta ao mundo, Lúa sorprende a familia e as amizades cunha gran nova: agora quere ir a Marte! Malia todos os atrancos e dificultades, Lúa non está disposta a renunciar ao seu soño de ser astronauta e fará todo o posible para logralo e poder viaxar ao planeta vermello”.

Unha gran historia e unha boa actividade para fomentar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Pica na imaxe para ver máis fotografías da actividade.