18.10.23

Aniversario Lector_Valentino

Onte foi o aniversario de Valentino e convidamos a súa familia a que viñese a aula de 1ºB/2º de Primaria a compartir unha lectura con todos/as nós. Actividade de centro que denominamos ANIVERSARIOS LECTORES. 

O conto elexido foi A bruxa divertida, de Ricardo Alcántara. Editorial Kalandraka. 

Encantounos. Grazas por vir, mamá!  E moitos parabéns Valentino!







16.10.23

MAQUETAS CORPO HUMANO

 Estamos encantados coas fabulosas maquetas sobre o corpo humano que ides traendo, estupendo traballo en familia que facedes, imos presentarllas tamén aos máis pequenos que están traballando o corpo humano. Moitas grazas pola vosa colaboración.








11.10.23

ABELLAS NA ESCOLA

O alumnado do 1º ciclo de Primaria aprendemos un montón sobre o mundo das abellas grazas ao programa Abellas na Escola. Un insecto superimportante para a saúde das persoas e o planeta. 

Foi moi divertido e interesante. 

Picade na imaxe para acceder á galería. 



9.10.23

1º RETO: proxecto corpo humano


Como xa sabedes estamos co proxecto do corpo humano no 1º ciclo de Educación Primaria, para traballalo de maneira motivadora, ademais de empregar as maquetas que estades creando en familia, elaborei un genially onde a través de diferentes retos estudiaremos diversos aspectos do corpo humano (cando rematemos deixarei o xogo completo). Empezamos co aspecto exterior do corpo e tiveron que facer todas estas actividades, podedes ver todas as fotos no seguinte enlace: 1º reto.





6.10.23

1ª MÁQUETA DO CORPO HUMANO




Hoxe recibimos a primeira maqueta do corpo humano feita pola familia de Mateo Fernández. Como podedes ver é supercompleta e Mateo explicounos como funciona todo o sistema respiratorio. Moitísimas grazas pola vosa colaboración.



 

2.10.23

COMPROMI-SAS (1º ciclo E.P.)

 


Comezamos o novo PDI dos próximos dous cursos, "Medicus curat natura sanat", co primeiro reto que nos propón a serea Leo para o mes de setembro: "Leo anímate a... lograr hábitos saudables". Para iso cada alumnado escribiu un compromiso para intentar cumprir ao longo do curso e ademais fixemos un rexistro conxunto de compromisos para cada un dos meses do ano para realizalo en familia. Se o conseguides non dubidedes en colocar a pegatina da estreliña.









15.9.23

Benvid@s!

Benvid@s a un novo curso escolar!!

Queremos estrear as entradas neste blogue contándovos que o alumnado do 1º ciclo de Primaria fixo a súa primeira actividade conxunta visitando o LEOLAB do cole. 

Amosámosvos algunha imaxe. 

Picade nesta para acceder á galería.








13.9.23

XOGOS EN LIÑA

 Nestes primeiros días de contacto con esta nova etapa, estivemos realizando diferentes xogos en liña, sobre todo de matemáticas, e queren volver a facelo na casa polo que vos deixo o enlace, o que máis triunfou foi a carreira de patos:



16.6.23

Excursión de fin de curso_1º, 2º e 3º EP

Este mércores 14 de xuño as aulas de 1º, 2º e 3º de primaria viaxamos ata o concello de Outeiro de Rei para visitar o zoo de Marcelle. Unha excursión inolvidable na que aprendemos e disfrutamos moito grazas, en parte, aos guías que conduciron esta visita.  

Picando nesta imaxe podedes ver máis fotos da xornada. 



29.5.23

Volvemos a cociña_1ºEP

Este pasado venres 26 volvemos a cociña para elaborar un rico biscoito de iogur e aproveitamos para pór en práctica as medidas de peso.

Picando na imaxe accederedes á galería de fotos. 






24.5.23

1° e 2° de EP - Adiviña, adiviñanza...

Boas a todos e a todas!
Hoxe levamos a cabo unha actividades titulada Adiviña, adiviñanza... Esta actividade poñía a proba os nosos coñecementos sobre Galicia. O obxectivo era dar resposta a unha pequenas preguntas coa información que atopabamos no mural de Galicia elaborado por Rakele Cavallo.

Cal é a capital de Galicia que da nome á catedral? , cal é a cidade na que se atopa a muralla romana? ...

Pica na imaxe para ver as fotografías.



1° e 2° de EP - Imprenta ambulante

Boas a todos e a todas!
O pasado luns tivemos unha actividade impartida pola imprenta ambulante Alouette Machine. Esta imprenta conta cun proxecto de produción gráfica no que puidemos observar como era o proceso de imprenta e co que comezamos a elaborar o noso propio mural.

Visita o blogue da Biblioteca para máis información.

Pica na imaxe para ver as fotografías do obradoiro.



16.5.23

2°EP - Valores Sociais e Cívicos

El emocionómetro del Inspector Drilo, El árbol de la escuela, Elmer... e ahora A paso de tartaruga e La joya interior. Sempre comezamos coa lectura dun libro para traballar diferentes contidos relacionados coa materia (as emocións, a importancia de coidar as relacións, a igualdade...) a través dalgunha actividade.
Nesta ocasión, a través de "A paso de tartaruga" e "La joya interior" traballamos as cualidades positivas de cada un de nós. Non todos temos que destacar en todo, pero todos temos algo no que destacamos. Por iso, é importante ver os nosos puntos fortes e saber que cando traballamos en equipo, estamos unindo forzas e poñendo en valor cada unha das nosas potencialidades para chegar a un fin común. 



  


24.3.23

1º e 2ºEP - GALICÓMIC

Boa tarde a todos e a todas!

Seguindo co proxecto Tras das pegadas romanas, elaboramos un cómic sobre a romanización de Galicia. 

Para gravar estas escenas, visitamos o espazo do chroma e caracterizámonos para a ocasión. No noso galicómic representamos a chegada dos romanos a Galicia, a loita cos galaicos, a vitoria dos romanos e as diferentes construcións que estes foron facendo polo noso territorio.

Esperamos que vos guste!