19.2.21

1º de EP - Vídeo de Entroido

Boas a todos e a todas!

Aquí vos deixo o vídeo de Entroido que realizou a aula de 1º de EP coa canción Superheroes e Superheroínas de Paco Nogueiras. 

No blog da biblioteca tamén podedes atopar o vídeo conxunto realizado por todo o alumnado do centro. 

Esperamos que vos gusten!

11.2.21

Entroido 2021.Día 4_2º de Primaria

Moito nos gusta o entroido!! Aquí vos deixamos un vídeo que montamos hoxe co disfraz que fomos elaborando ao longo da semana. Mañá o Farruco pídenos que traiamos a cara decorada e así faremos. 
Quero agradecer a colaboración de todas as familias e facer unha mención especial a Marco García, o líder deste ENTROIDO SUPERHEROICO!!
Sodes estupend@s!

10.2.21

Entroido 2021. Día 3_2º de Primaria.

Bo día a todos e todas! 

Seguimos mellorando o noso disfraz de superheroes e superheroínas do día a día. 

Hoxe tocou traer unhas luvas que nos outorgan maiores superpoderes. 

Mañá completaremos o disfraz cun utensilio de cociña de madeira.

Que viva o entroido! 



9.2.21

Entroido 2021. Día 2_2º de Primaria

Segundo día de entroido no cole. Hoxe tocou traer unha capa, como auténticos superheroes e superheroínas que somos.

Visitamos o Farruco e pídenos que mañá traigamos unhas luvas de cociña para seguir completando o noso disfraz.





8.2.21

Entroido 2021. Día 1_2º de Primaria

Comezamos unha semana moi especial, a semana do entroido no colexio. A semana na que imos seguir os mandadiños do Farruco para convertirnos no que somos: uns superheroes e superheroínas do día a día. 

Aquí tendes as imaxes do ben que lucimos hoxe o noso adorno na cabeza. 








 

5.2.21

Animación á lectura_2º de Primaria

Hoxe fomos á Biblioteca facer a devolución e empréstito do conto para a bolsiña viaxeira, que cada semana viaxa ás nosas casas.

Aproveitamos para facer unha actividade de animación á lectura visionando un vídeo titulado Toupiconsellos ofrecido polo Consorcio editorial, posto que este curso, debido a situación sanitaria derivada do COVID-19, os/as autores/as non farán visitas presenciais no cole. 





3.2.21

Laboratorio de cociña_2º de Primaria

Hoxe visitamos o laboratorio de cociña para experimentar coas medidas de capacidade que estamos aprendendo na área de Matemáticas: o Litro.

Cada equipo dispoñíamos dun conxunto de recipientes de diferente tamaño e forma e fixemos varias actividades: Ordenámolos de maior a menor capacidade, clasificamos os que tiñan máis e menos de 1 Litro ou comprobamos cantos vasos podíamos encher con ½ litro e 1 litro de auga.

Que mellor forma de aprender que vendo, manipulando e experimentando!

Pica na imaxe para ver máis fotos deste día na galería. 




2.2.21

1º de EP - Animación á lectura

Bo día a todos e a todas!

Debido ao momento que estamos a vivir coa Covid-19, este ano os autores non visitan os centros escolares. Por este motivo, no día de hoxe, visitamos a nosa biblioteca para ver un vídeo que nos fixo chegar o Consorcio Editorial como recurso de animación á lectura a través dos Toupiconsellos.


 



1.2.21

Contos valorados, lecturas compartidas_2º de Primaria

Pola Semana da Paz o alumnado de 2º de Primaria eleximos o conto A mellor sopa do mundo, de Susanna Iseen para representar nun Kamishibai. 

Un conto marabilloso que nos ensina a importancia da amizade, da cooperación, do tempo compartido...

Desfrutamos moito realizando as ilustracións e preparando a súa lectura. 

Unha aula de artistas! Parabéns!


30.1.21

1º de EP - Contos valorados, lecturas compartidas para a Semana da Paz (Laboratorio Documental)

Bo día a todos e a todas!

Aquí vos deixo o produto final que elaborou o alumnado de 1º de Educación Primaria para a Semana da Paz. Dentro do Laboratorio Documental, creamos un videoconto do libro Avós.

Avós invítanos a atopar a beleza a través dos ollos do amor, amosándonos todo o cariño que pode existir cando o corpo murcha e descúbrenos as vantaxes de vivir cun sorriso nos beizos.

Amor, comprensión, empatía, aceptación... son moitos dos valores que se traballan a través da historia de Manuel e Manuela.


Ademais desta actividade, tamen aproveitamos para reforzar a formación de usuarios da biblioteca, coñecer a organización e os diferentes espazos dentro da mesma, e a identificación dos libros. Así mesmo, colocamos na exposición exterior da biblioteca o libro traballado, indicando os valores tratados e o código QR que redirixe ao produto realizado.



28.1.21

Música 1º EP, Día da Paz

 

                                        Viva a Paz! (no mundo, na vila, no patio, na aula...😄)

Música 2º EP, Día da Paz

                                        Viva a Paz! (no mundo, na vila, no patio, na aula...😄 )


26.1.21

1º de EP - A paz construímola entre todos

Boas a todos e a todas!

Estos días estamos celebrando a semana da Paz, para iso, unha das actividades que fixemos foi facer este pequeno mural, onde recollemos diversas palabras e valores relacionados coa paz para recordarnos que conseguila depende de todos nós. 

Xuntos construímos a Paz!



18.1.21

1º de EP - Non todo o 2020 foron cousas malas

Boa tarde a todos e a todas!

Quizais todos os días non sexan bos, pero sempre hai algo bo todos os días e o 2020 non ía ser 

diferente. Estes días fixemos unha actividade de reflexión sobre o 2020 que, pese ao malo que foi por 

culpa da Covid-19, fomos capaces de ver algunha que outra cousa boa.



  

15.1.21

DESEXOS PARA O 2021-2º de Primaria

Comezamos un novo ano e un novo trimestre. Os nenos e nenas de 2º de primaria cóntannos dende Radio Balea que foi o que máis lles gustou do Nadal e cales son os seus desexos para este 2021.

Oxalá os vosos desexos se fagan realidade!