24.5.24

PROXECTO DOS INVENTOS

Taller de inventores

 Estes días nas clases de ciencias da natureza estivemos traballando os grandes inventos da historia e os grandes inventores. Entre as activiades que realizamos foi unha búsqueda de información na biblioteca sobre diversos inventos, un traballo na casa individual sobre un inventor que despois expuxeron na clase e, finalmente, acudimos a aula sensorial que se transformou nunha casa das ciencias.











A aula sensorial estaba dividida en diferentes inventos, coa infografía dos mesmos e unha actividade a realizar. Podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: Inventos.

As actividades que realizaron foron:

- Marie Curie: observar radiografías na mesa de luz.

- Thomas Edison: experimentos cos diferentes aparatos que emiten luz.

- Evolución dos robots: actividade libre cos diferentes robots (tale-bot, matatalab, bee-bot, supedoc).

- Evolución dos coches a motor: carreiras de coches creados con pezas de imán.

- Magnetismo: geomag e xogo con imáns.

- Microscopios.

- Galileo Galilei: visionado de libros de astronomía e uso de proxectores que simulan os planetas e as estrelas.

- Evolución do piano: actividade de pianos cos pés.

- Leonardo da Vinci: diseño dunha nova máquina.





23.5.24

Saída Pobo Aventura


 O pasado mércores o alumnado de 6º E.I. e o primeiro ciclo de Educación Primaria, realizamos unha excursión a Pobo Aventura en Teixeiro, tivemos a mala sorte de que non nos acompañou o tempo, xa que as actividades estaban pensadas para ser realizadas na natureza, ao carón do río Mandeo, pero pasamos unha xornada estupenda realizando moitas actividades no Centro Etnográfico de Teixeiro. Podedes ver todas as imaxes no seguinte enlace: pobo aventura.

17.5.24

Festival das Letras Galegas - 1º E.P.

 Este ano para o Festival das Letras Galegas a clase de 1º A de E.P. preparou unha serie de chistes saudables, en concordancia co PDI do centro deste ano. Aquí vos deixamos a actuación para que botedes unhas risas (aínda que algúns son moi malos):


15.5.24

Día da familia

Quixemos festexar o Día das familias abrindo as portas do noso centro para compartir un tempo de xogos grupais interxeracionais. 

Avós e avoas, nenos e nenas desfrutaron xogando a diversos xogos de mesa como o parchís, oca, cartas...e algún xogo de exterior como a buxaina, corda, petanca...

Pasámolo xenial!! 

Grazas familias por achegarvos! 

Picade nesta foto para ver máis imaxes na galería 


14.5.24

As letras de Manuel María_1ºB/2º

Ainda que sabemos que neste 2024 a escritora homenaxeada polo Día das Letras Galegas é Luisa Villalta, a aula de 1ºB e 2º de Primaria quixemos ter unha lembranza moi especial a un dos poetas máis importantes das nosas letras: Manuel María xa que este ano se cumplen 20 anos do seu falecemento. 

Escollemos tres poemas do seu libro de poesía infantil Os soños na gaiola e gravamos estes vídeos que podedes ver picando no enlace. 

Esperemos que vos gusten! Vivan as nosas letras!

O MEU BARCO

O SOÑADOR

SEÑOR GATO






7.5.24

Aniversario lector: Rosalía e Sara

As nosas compañeiras Rosalía e Sara celebraron o seu 7 aniversario con poucos días de diferencia. 

Achegouse ata o cole a mamá de Rosalía para lernos o conto Tonino, escrito por Miguel Salas. 

No caso de Sara, foi a súa prima Isa a que se achegou para ler con ela o conto La estrella de Laura, de Klaus Baumgart. 

Fermosos os dous contos elexidos. Gustáronnos moito. Grazas por vir. E...


MOITOS PARABÉNS DE NOVO, ROSALÍA E SARA!!










23.4.24

Lectura... na rúa con pícnic saudable

 Hoxe celebramos o Día do Libro cunha lectura polas rúas de Malpica e engadimos un pícnic saudable, con galletas de avea feitas pola clase de 1º e 2º E.P.  e batido de froitas elaborado na clase de 1º E.P. Fumos ata o mirador da Atalaia, lugar que moitos nenos e nenas non coñecían, ata o porto, a fonte do Concello e a praia, unha gran xornada de lectura, onde tamén poidemos facer unha fotos preciosas que podedes ver premendo no seguinte enlace: Día do Libro. 









Batido de froitas (1ºA)

 O pasado luns acudimos a biblioteca para buscar o libro que queríamos baixar a ler as rúas de Malpica para o día do libro, pero tamén fomos a cociña a buscar nos seus libros que receita saudable podeíramos facer xa que a proposta deste ano de de celebración era "Lectura na rúa con picnic saudable". Non chegamos a un acordo polo que finalmente fixemos batidos de froita, algo que nos encantou xa que moitos deles non habían usado nuncha unha licuadora e ademais co que nos sobrou imos facer xeados de froitas. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: Batido de froitas





22.4.24

Merenda saudable: Galletas de avea

No día de hoxe o alumnado de 1º B e 2º de Primaria estivemos na aula de cociña elaborando unhas ricas e saudables galletas de avea que levaremos mañá de merenda durante a actividade LECTURA NA RÚA!, co gallo do Día do Libro. 



Picade na imaxe para acceder á galería de fotos. 






20.4.24

CROS (FINAL PROVINCIAL) Alexia

O pasado venres 12 de abril, duas alumnas do centro (Alexia de 2º de E.P. e Antía de 4º de E.P.) e Martín Martelo de 3º de Educación Primaria, foron a Porto do Son á final provincial de Cros. 
As dúas, xunto a Martín foron as únicas clasificadas do centro na carreira comarcal que le levou a cabo en Carballo (Carreira comarcal de Cros en Carballo).
Esta actividade encádrase dentro do Plan Proxecta  "Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVDA), no cal o noso centro participa por primeira vez dende o programa XOGADE, impulsado pola Xunta de Galicia.

Dende aquí o noso recoñecemento as tres deportistas polo seu bo facer!!!


18.4.24

Búsqueda de obxectos


 

O pasado venres na clase de Ciencias da Natureza baixamos a buscar diferentes materiais ao patio e a psico, podedes ver as imaxes da xornada premendo no seguinte enlace: materiais. 

22.3.24

Formación Biblio Creativa: programando!

Pechamos o 2º trimestre coa formación de Biblioteca Creativa impartida, por Cati e Flor de Maker Store (Carballo), ao alumnado de 1º ciclo de primaria.

Biblio Creativa
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Unha xornada na que desenvolveron a programación por bloques mediante a ferramenta Scratch Junior, a cal se pode acceder premendo no seguinte enlace:

SCRATCH JUNIOR

Ao tempo, achegamos enlace ao recurso recollido na nosa páxina "Recursos dixitais" para saber máis:

Agradecemos a Cati e Flor o seu bo facer, nen@s disfrutaron da sesión aprendendo a programar, ademais de aprender a organizar o seu pensamento, a resolver problemas, a ser creativ@s...

Continuará...

Obradoiro de pesos 1º E.P.

 O pasado xoves na clase de 1º E.P. realizamos un obradoiro de medidas de pesa onde o alumnado puido experimentar con diferentes balanzas, pesar obxectos en gramos, buscar polo cole obxectos que pesaran en kilos... podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: pesos.




21.3.24

Aniversario lector de Brais (1º E.P.)

 Festexamos o cumpreanos de Brais co estupendo libro "Un universo na súa maleta" que nos invitou a viaxar por diferentes lugares. Foi un aniversario lector familiar onde os seus papás o acompañaron na lectura deste fermoso conto.